Cooperativismo

O novo R.O.T.T. ameaza ás cooperativas de transporte

Por admin
carloslaya

O Ministerio de Fomento presentou un proxecto de modificación do Regulamento de Ordenación do Transporte Terrestre (R.O.T.T.) cuxo contido se presenta moi prexudicial para as cooperativas de transportistas, ao limitarse o acceso á profesión de novos transportistas autónomos, de xeito que de se aprobar finalmente poría en risco a medio prazo a continuidade das...

Ler máis »

O Congreso dos Deputados aproba a Acción Directa

Por admin
simancas-ayala

A Comisión de Fomento do Congreso aprobou onte 23 de abril con 26 votos a prol e 15 en contra o Proxecto de Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (LOTT) co apoio de PP, UPyD, CiU e PNV, logo de que o Goberno aceptase a transacción de 50 emendas dos grupos (un 23% das 216 que...

Ler máis »

A LOTT arremete contra o transporte lixeiro e as cooperativas

Por admin
Villaescusa-red_04-04-11

FENADISMER vén de manifestar mediante comunicado de prensa que son os máis prexudicados polas novidades que introduce o proxecto de reforma da LOTT serán os transportistas con vehículos lixeiros e mais as cooperativas de transportistas. O pasado venres 7 de decembro o Consello de Ministros aprobou o proxecto de modificación da Lei de Ordenación...

Ler máis »

Axudas da Xunta de Galicia a cooperativas do transporte

Por admin
ucogatra2

Desde a Unión de Cooperativas Galegas do Transporte infórmase que o 24 de xaneiro foron publicadas no Diario Oficial de Galicia as Axudas ao Cooperativismo da Xunta de Galicia, dirixidas fundamentalmente a cooperativas, ás que tamén se poderán acoller as cooperativas galegas de transportistas ou de transporte. O prazo para a presentación da solicitude...

Ler máis »

Ucogatra defende o traballo dos honrados transportistas

Por admin
choucelas_17-06-11red

A Unión de Cooperativas Galegas do Transporte (UCOGATRA) vén de facer público un comunicado baixo o título de «En defensa dos honrados transportistas e contra a competencia desleal» no que o Consello Reitor desta organización analiza a situación na que se encontra o sector do transporte de mercadorías por estrada en Galicia na actualidade....

Ler máis »

Ucogatra reúnese co Director Xeral de Mobilidade

Por admin
miguel_r_bugarin

Unha destacada representación do Consello Reitor da Unión de Cooperativas Galegas de Transporte UCOGATRA reuniuse hoxe á mañá nas dependencias da Dirección Xeral de Mobilidade co Director Xeral, Miguel Rodríguez Bugarín, co obxecto de presentar formalmente á Administración esta asociación de cooperativas, que na actualidade agrupa ás 18 cooperativas que integran a máis de...

Ler máis »

UCOGATRA concéntrase ante Choucelas O.T. SL na Coruña

Por admin
choucelas_17-06-11red

Representantes da Unión de Cooperativas Galegas de Transporte concentráronse onte ante a sede da empresa coruñesa Choucelas Operadora de Transportes SL co obxecto esixir publicamente desta empresa o pagamento inmediato das facturas que ten pendentes con 7 cooperativas integradas nesta Unión, por servizos de transporte entre agosto de 2010 e febreiro de 2011, por...

Ler máis »

Concentración de UCOGATRA ante TPTES. MONTERO

Por admin
SONY DSC

No día de onte, representantes da Unión de Cooperativas Galegas de Transporte UCOGATRA concentráronse en Narón, ao pé das instalacións da empresa TRANSPORTES FERROLANOS MONTERO, SL, co obxecto de esixir publicamente desta empresa o pagamento inmediato das facturas que ten pendentes con 6 cooperativas integradas na Unión.

Ler máis »

A Unión de Cooperativas Galegas do Transporte afiánzase

Por admin
OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O 26 de marzo celebrouse en Santiago unha reunión do Consello Reitor da Unión de Cooperativas Galegas do Transporte UCOGATRA. Nesta última reunión abordáronse basicamente 2 puntos: 1º) Presentouse a Bolsa de Cargas Interna para as cooperativas integradas en UCOGATRA, que nace da necesidade de dotar as cooperativas dunha ferramenta tecnolóxica que permita afianzar...

Ler máis »