Axudas da Xunta de Galicia a cooperativas do transporte

24 de Xaneiro de 2012

Desde a Unión de Cooperativas Galegas do Transporte infórmase que o 19 de xaneiro foron publicadas no Diario Oficial de Galicia as Axudas ao Cooperativismo da Xunta de Galicia, dirixidas fundamentalmente a cooperativas, ás que tamén se poderán acoller as cooperativas galegas de transportistas ou de transporte. O prazo para a presentación da solicitude de axudas remata o 19 de febreiro.

Segundo as indicacións procedentes de UCOGATRA , as liñas de axuda máis interesantes para as cooperativas do noso sector son as seguintes:

1ª) CONTRATACIÓN DE PERSOAL

- Subvencionan ata o 50% dos custos de persoal ata un máximo anual de 20.000 € para a contratación de xerentes, tanto para cooperativas de novo creación como para aquelas que acometan novos proxectos empresariais.

2ª) GASTOS POR ACTIVIDADES REALIZADAS POLA COOPERATIVA PARA OS SEUS SOCIOS

Subvenciónase ata un máximo de 30.000 € os gastos derivados de:

Cursos, xornadas e simposios para os transportistas socios da cooperativa e para os traballadores da cooperativa, particularmente aqueles que teñen a ver coa prevención e a seguridade laboral, as novas tecnoloxías, a xestión e dirección da cooperativa, etc.

  • Elaboración e publicación de estatutos e traballos.
  • Organización de actividades que fomenten a cultura preventiva.
  • Participación da cooperativa en feiras, mostras e eventos.

3ª) GASTOS DERIVADOS DA ADAPTACIÓN DA COOPERATIVA ÁS TIC

Subvenciónase ata un máximo de 10.000 € os gastos derivados de:

  • Elaboración de páxina web da cooperativa, actualización e mantemento.
  • Mantemento de sistemas telemáticos da cooperativa.

Nas liñas 2ª e 3ª o custo máximo subvencionable será do 75% do importe das facturas.

Outras observacións:

a) As cooperativas beneficiarias das axudas deberán estar dadas de alta no Rexistro de Cooperativas de Galicia.

b) A elaboración dunha memoria rigorosa e completa, axustada aos criterios de valoración establecidos na convocatoria das axudas é condición necesaria para poder percibir a subvención.

Para máis información sobre estas axudas, pódese contactar con UCOGATRA en secretaria@ucogatra.es.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.