A semana pasada renovouse o acordo de colaboración da Asociación de Transportistas APETAMCOR coa empresa galega LOUZAN, SL, que conta con 7 talleres en Galicia equipados para prestar un servizo especializado para camións (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, O Porriño e Vilagarcía), e que como é sabido se dedica fundamentalmente a prestar todo tipo de servizos de:
- Asesoramento de necesidades e venda de neumático novo de calquera marca.
- Neumático recauchutado.
- Mantemento do neumático (montaxe, equilibrado, xiro, raiado, permutacións).
- Servizo de asistencia 24 horas en España e Europa.
- Outros servizos: mecánica de camión, aliñado de dirección e lavado.
Grazas a este acordo, os transportistas asociados a Apetamcor gozarán das seguintes condicións preferentes:
(Válida desde 1 de abril ata 31 de agosto de 2012)
- DESCONTOS INMELLORABLES EN TALLER:
-
DESCONTO EN ALIÑADO DE CAMIÓN: 40%
-
DESCONTO EN SERVIZOS DE NEUMÁTICO (MONTAXE, EQUILIBRADO, XIROS, PERMUTACIÓNS, RAIADOS): 20%
-
DESCONTO EN LAVADO DE CAMIÓN: 20%
-
(NOVIDADE) DESCONTO EN MAN DE OBRA MECÁNICA DE CAMIÓN: 10%
- POLA COMPRA DE CADA NEUMÁTICO RECAUCHUTADO LOUZAN – RECAMIC, REGALARASE UN CUPÓN DE 20 € PARA DESCONTAR NA COMPRA DE NEUMÁTICO NOVO ANTES DE 31/12/2012.