Os vehículos entre 3,5 e 10 Tn pasarán a ITV cargados

11 de Xullo de 2012

Desde 1 de xullo do presente ano os vehículos de masa máxima autorizada (MMA) entre 3,5 e 10 Toneladas deberán pasar a ITV cargados para a medición da eficacia de freado. Para os vehículos que teñan unha MMA superior a 10 Tn estase estudando a forma de aplicación da nova normativa de aplicación.

Así, como consecuencia da aplicación da Directiva europea 2010/48 relativa ao procedemento de medición da eficacia de freado dos vehículos de transporte de mercadorías de MMA superior a 3,5 Tn e os autobuses, estableceuse a obrigatoriedade de que a partir de 1 de xaneiro de 2012 os referidos vehículos deben realizar dito procedemento de revisión dos freos nunha estación de ITV.

Para a realización desta revisión existen dous métodos:

  • Mediante a utilización de frenómetros, para o que se require que o vehículo que vaia pasar a revisión estea plenamente cargado (cando menos 2/3 da súa capacidade).
  • Mediante un sistema de medición das presións nos circuitos de freo ata a máxima de presión de traballo, para o que non se esixe que o vehículo ao realizar a revisión se encontre cargado. Este procedemento só pode ser utilizado por vehículos equipados con sistema de freado puramente neumático e que dispoñan das correspondentes tomas ou conexións de presión do circuito de freado accesibles nun lateral do vehículo para poder conectar o manómetro.

A brevedade de prazo desde que a norma foi aprobada e a súa entrada en vigor ocasionou que os transportistas están tendo moitos problemas ao realizar a revisión nas ITV pola disparidade de criterios que se están aplicando nas diferentes Comunidades Autónomas, así como pola falta de preparación da tecnoloxía necesaria por parte de moitas estacións de ITV.

O Ministerio de Industria en coordinación coas CC.AA. elaborou un Plan Director para a aplicación de dita obri legal, establecendo os seguintes prazos de esixencia da revisión da eficacia de freado, ssgundo a MMA do vehículo en cuestión:

  1. Vehículos de transporte entre 3,5 e 5 Tn: desde 1 de xaneiro de 2012.
  2. Vehículos de transporte entre 5 e 10 Tn: desde 1 de xullo de 2012.
  3. Vehículos de transporte de máis de 10 Tn: desde 1 de xullo de 2013.

En todo caso, quedan exentos de acudir cargados á ITV aqueles vehículos de transporte cuxa carga pode resultar complicada a efectos de realizar a revisión, xa sexa por motivos de seguridade ou salubridade e hixiene, como por exemplo:

  • Vehículos de transporte de persoas.
  • Vehículos de transporte de animais vivos.
  • Vehículos de transporte de mercadorías perigosas.
  • Vehículos do lixo.
  • Vehículos con carga indivisible.

Con toda esta problemática, desde FENADISMER infórmase que desde as asociacións de transportistas acordouse solicitar unha reunión ao Ministerio de Industria a fin de clarexar e homoxeneizar a súa aplicación nas estacións ITV a fin de ocasionar os menores prexuízos aos transportistas.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*