Nova etiqueta obrigatoria para os neumáticos

8 de Setembro de 2012

Desde o 1 pasado de xullo de 2012 todos os neumáticos de turismos, furgóns, camións e autobuses que se fabriquen deben incorporar a nova etiqueta europea regulada polo Regulamento europeo 1222/2009.

Os obxectivos desta normativa son por unha parte aumentar a seguridade e eficiencia medioambiental do transporte por estrada e, pola outra, permitir aos usuarios finais elixir mellor e con máis criterio os neumáticos que se adapten ás súasnecesidades e aos seus vehículos.

Esta nova etiqueta europea, que deberá figurar obrigatoriamente en todos os neumátivos que se comercialicen antes do próximo 1 de novembro, clasifica os neumáticos en función de tres criterios fundamentais:

  1. Consumo de carburante (cadro superior esquerdo): clasificación do A ao G, avaliando o nivel de resistencia á rodadura e de que xeito contribúe o neumático a aforrar carburante, sendo a categoría A a máis eficiente e a G a menos eficiente (no caso de neumáticos para camións a última categoría de clasificación é a F).
  2. Seguridade (cadro superior dereito): clasificación do A ao G, avaliando a distancia de freada en solo mollado.
  3. Ruído ambiental (cadro inferior): clasificación de 1 a 3, medindo o nivel de ruído exterior do neumático.

Dita etiqueta deberá ir pegada mediante unha pegatina autocolante na banda de rodadura dos neumáticos, agás no caso dos camións, nos que os neumáticos ofrecerán dita información na súa documentación técnica e comercial, así como na factura de compra.

Así pois, o recomendable a todos os transportistas é esixir e comprobar a nova etiqueta europea ao adquirir os neumáticos, para así ter un mellor coñecemento sobre o produto adquirido e as posibilidades de aforro de carburante, tendo en conta que se conseguen reducións de 3 litros de carburante por cada 100 quilómetros entre unha categoría e as seguintes (por exemplo entre a letra A e a letra B).

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*