A Unión de Cooperativas Galegas do Transporte afiánzase

1 de Abril de 2011

O 26 de marzo celebrouse en Santiago unha reunión do Consello Reitor da Unión de Cooperativas Galegas do Transporte UCOGATRA. Nesta última reunión abordáronse basicamente 2 puntos:

1º) Presentouse a Bolsa de Cargas Interna para as cooperativas integradas en UCOGATRA, que nace da necesidade de dotar as cooperativas dunha ferramenta tecnolóxica que permita afianzar a colaboración entre as cooperativas no tocante á comercialización do transporte.

2º) Analizáronse as modifícacións que introduce relativas ao cooperativismo no transporte o borrador de Anteproxecto de modificación da LOTT presentado polo Ministerio de Fomento. Neste sentido, a valoración xeral que se fai desde UCOGATRA é claramente negativa, xa que só perguese recurtar dereitos ás cooperativas de transporte, entendéndose unha clara intención de favorecer a outras estruturas empresariais en detrimento do cooperativismo.

Constituída formalmente o pasado 27 de novembro de 2011, UCOGATRA integra a 18 cooperativas galegas de transportistas das catro provincias, sumando un parque de vehículos superior a 2.000. Así, son membros de UCOGATRA as seguintes cooperativas: RABADENSE DE TRANSPORTES; CTL; HERTRANS; COFETRA; APETAMCOR SC; TRANSPORTISTAS AGRUPADOS VILALBESES; COSTA LUCENSE; TRPTES. DE BETANZOS; TRPTES. LEREZ; CODEBAS; TRANSPUERTO; HERTRA; RIO TORDIA; SELURTRANSA; ESTRADA DE TRPTES.; e COMPOSTRA.

O Presidente de UCOGATRA é José Luís Bermúdez (Rabadense), sendo Vicepresidentes Miguel Valiño (Compostra) e José López (Lérez), e Secretario Alberto Vila (Apetamcor, SC).

Etiquetas: , ,

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*