A LOTT arremete contra o transporte lixeiro e as cooperativas

10 de Decembro de 2012

FENADISMER vén de manifestar mediante comunicado de prensa que son os máis prexudicados polas novidades que introduce o proxecto de reforma da LOTT serán os transportistas con vehículos lixeiros e mais as cooperativas de transportistas.

O pasado venres 7 de decembro o Consello de Ministros aprobou o proxecto de modificación da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (LOTT) tras sometela a consulta do Consello Nacional de Transportes Terrestres, o Comité Nacional de Transporte por Carretera, as Comunidades Autónomas,  a Comisión Nacional de Defensa da Competencia e o Consello de Estado. Despois da súa aprobación como proxecto de lei remitirase ao Parlamento para a súa tramitación, polo que se estima que estará aprobada definitivamente antes do próximo verán.

Nunha primeira análise do proxecto de modificación da LOTT, FENADISMER salienta que se introducen algunhas novidades que prexudican moi significativamente a algunhas das actividades e entidades que actualmente operan no sector do transporte por estrada, das que cabe destacar as seguintes:

  1. Transportistas de vehículos lixeiros. É especialmente grave a nova regulación para o outorgamento de autorización para os transportes realizados en vehículos de ata 3,5 Tn de MMA, xa que de prosperar tal modificación suporía un desaxuste e desregulación real do subsector do transporte lixeiro, coas indesexables consecuencias tanto desde o punto de vista social e económico canto da seguridade viaria. Hai que ter en conta que ao eximir a ditos vehículos dos requisitos esixidos pola Unión Europea para exercer a actividade de transporte (honorabilidade, capacidade económica, capacitación profesional, ter que realizar o actual visado periódico da autorización previsto no art. 51), na práctica deixa fóra de control e supervisión o cumprimento dos requisitos administrativos (obrigas fiscais e laborais) e técnicos de milleiros de vehículos de transporte, resultando especialmente grave nun subsector (o dos vehículos de 3,5 Tn de MMA) nos que a sinistralidade viaria é elevadísima. Estariamos polo tanto ante unha desregulación do transporte lixeiro que suporía a entrada masiva e desordeada de persoas non profesionais no sector.
  2. Cooperativas de transportistas. De prosperar a nova regulación proposta, se lles impedirá ás cooperativas continuar contratando cos seus clientes, sancionándoas como infracción moi grave e multa de 6.000 euros por cada servizo de transporte que realicen, ao considerar a actividade que veñen desenvolvendo durante os últimos 50 anos como de “intrusismo” á legalidade vixente por careceren de autorización de transporte.  Por tanto. a reforma da LOTT impide que as cooperativas na súa actual situación xurídica poidan continuar desenvolvemendo a súa actividade e poder contratar cos seus clientes. Pero ademais como novidade a reforma da Lei introduce unha nova limitación ao impedir que as cooperativas de transportistas poidan seguir utilizando a colaboración doutros transportistas, que en troques si se permite para o resto de empresas transportistas que operen no sector.

Outras novidades relevantes que, segundo FENADISMER, introduce a modificación da LOTT son as seguintes:

  • Suprímese para o transporte de mercadorías por estrada o principio básico de que os prezos que se perciben polos servizos de transporte cubran a totalidade dos custos de explotación e fomenten a seguridade e a calidade. Pola contra, dito principio mantense para o transporte de viaxeiros por estrada.
  • Incrementarase a competencia das Xuntas Arbitrais, xa que poderán coñecer de controversias que se plantexen de ata 12.000 euros.
  • Eximirase da necesidade de ter autorización aos transportes de mercadorías ou viaxeiros realizados en vehículos cuxa velocidade máxima non supere os 40 km/h.
  • Establecerase como novo requisito ás empresas transportistas (xa sexan autónomos ou sociedades) posuír un establecemento fixo con locais situado en España, onde se conserve a documentación de transporte obrigatoria, así como equipamento informático e sinatura dixital. A obrigatoriedade de dispor de sinatura dixital e equipamento informático será esixida a partir de 2014.
  • Perderase o requisito de capacidade económica, indispensable para continuar obstentando as autorizacións de transporte, no caso de ser declarada a empresa de transporte en concurso de acredores ou situación de insolvencia.
  • Os vehículos que realicen transporte privado complementario deberán levar a bordo documentación acreditativa da orixe da mercadoría e da relación laboral dos condutores.
  • Os transportistas poderán actuar así mesmo como intermediarios sen necesidade de obter a autorización de operador de transporte, se cumpren os requisitos esixidos para a súa obtención.
  • Considerarase infracción moi grave a non comunicación ao Rexistro de Empresas e Actividades de Transporte o cambio de domicilio do transportista ou da ubicación dos seus centros de explotación ou locais.
  • Reduciranse nun 30% de media as contías das sancións de transporte.
  • A comisión de infraccións moi graves dará lugar, ademais da correspondente sanción á empresa transportista, a que o capacitado (xestor de transporte) perda a honorabilidade durante un prazo dun ano, o que obrigará a mudar de xestor durante dito período.
  • O pagamento anticipado dunha sanción de transporte dará lugar a unha redución do 30%.
  • Coordinarase o Rexistro de Empresas e Actividades do Transporte co Rexistro Mercantil a fin de obter a información relativa á denominación, domicilio, capital social e representantes legais das empresas transportistas e operadores de transporte.

2 Respostas a A LOTT arremete contra o transporte lixeiro e as cooperativas

  1. Enviado por Antonio Vide o 20 de Decembro de 2012 ás 13:42

    Hola a todos, como miembro del Colegio Oficial de Titulados Mercantiles y Empresariales quiero destacar, por mi experiencia, que la Cooperación y la Unión en este tipo de abusos normativos es fundamental, en cuando más debemos apoyarnos unos a otros por eso quiero recomendarle a todos los afectados por estos temas que permanezcan unidos, que traten de formar parte, de forma activa, de todas aquellas iniciativas que surjan para intentar atajar los problemas.
    Y sobretodo quiero animar a los miembros de las cooperativas a que se comprometan de forma personal lo más posible con sus órganos de gestión, pues la fuerza de estos va depender en gran medida del apoyo que les den todos sus cooperativistas.
    Si algún pequeño transportista aun no pertenece a alguna asociación o cooperativa, le recomiendo que se sume a alguna de las existentes lo antes posible, para solucionar los previsibles problemas antes de que sea demasiado tarde.
    Por último quiero animar a los miembros de los órganos rectores, de las cooperativas y asociaciones, a luchar y sobretodo a buscar soluciones altamente creativas capaces de aunar todas sus fuerzas, no solo para solucionar los problemas que se avecinan, si no también para sacar de una vez por todas al sector del transporte ligero de la infravaloración en que se encuentra sumido desde hace décadas.
    Espero que la conciencia de todos nos permita sobrevivir a esta situación que no nos merecemos. Un saludo y ánimo. Antonio Vide

  2. Enviado por Alberto Vila o 24 de Decembro de 2012 ás 11:09

    Precisamente eses son os valores claves para a supervivencia e a continuidade no futuro dun sector cunha estrutura empresarial tan atomizada como o transporte de mercadorías, mais aínda tendo en conta que temos unha Administración que lexisla precisamente na contra disto:
    1º) Poñendo barreiras importantes para a entrada de novos autónomos.
    2º) Non dando facilidades á agrupación destes.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*