O sector rexeita a modificación do documento de control

14 de Xaneiro de 2013

FENADISMER lembra o claro rexeitamento do sector ás modificacións que se introducen no documento de control a partir do vindeiro 5 de xullo do presente ano, unha vez entre en vigor a Orde FOM/2861/2012, de 13 de decembro, publicada no BOE do pasado 5 de xaneiro, que regula o documento de control administrativo para a realización de transporte público de mercadorías por estrada, ao entender que empeora de xeito notable a regulación actual desde o punto de vista do transportista e contribúe a reducir a sempre desexable transparencia do mercado de transporte.

Neste sentido, FENADISMER indica que as federacións de transportistas integrantes do Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC) rexeitaron maioritariamente o contido deste nova Orde, na reunión celebrada deste organismo o pasado 11 de xullo de 2012.

Coa normativa aínda en vigor non se pode sancionar ao transportista se o CMR omite algún dos datos requeridos para o documento de control, pero coa nova Orde si se poderá. Por exemplo, se no CMR falta a matrícula do tractor poderase sancionar a un transportista que faga internacional por omisións no documento de control, anque esa esixencia non se recolla no Convenio CMR.

Por outra banda, prodúcese unha simplificación con respecto á normativa anterior, xa que se omite a mención dos datos do cargador, do expedidor e do operador do transporte. Ao final destes datos os únicos que deben recollerse son os do cargador contractual, é dicir, os daquel que contratou directamente co transportista efectivo a realización do transporte, ademais obviamente dos do transportista efectivo.

Ademais, a mención ao prezo do transporte, que ata agora era voluntaria, foi suprimida na nova Orde.

En último lugar, salientar que a obriga de confeccionar o documento e, por tanto, a sanción en caso de que non existira ou estivera mal cumplimentado, na normativa aínda en vigoranterior, corresponde ao cargador e ao transportista só se lle podía sancionar por non levalo a bordo. Coa nova Orde, pola contra, corresponde a ambos a obriga de cumplimentalo e a responsabilidade pola omisión depende de cada mención. Por tanto, o transportista pasa de responder exclusivamente pola tenencia do documento a facelo, parcialmente, do seu contido.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*