Asemblea Unitaria de transportistas en Santiago o 13-Abril

5 de Abril de 2013

As federacións galegas FETRAM e FEGATRANS, integrantes do Comité Galego de Transportes e representativas do colectivo de pemes e autónomos transportistas de Galicia, xuntamente coa Unión de Cooperativas Galegas de Transporte UCOGATRA, convocan para o sábado día 13 de abril unha Asemblea Unitaria Aberta dos Transportistas Galegos, que dará comezo ás 17:00 h. da tarde e terá lugar no Hotel Castro (situado fronte á fábrica de FINSA), en Santiago de Compostela.

O obxectivo das tres organizacións convocantes desta asemblea é informar e alertar aos transportistas galegos dos nefastos efectos que provocará no sector a aprobación do Proxecto de reforma de Lei de Ordenación do Transporte Terrestre (LOTT), actualmente en fase de debate no Congreso dos Deputados, se a redacción definitiva deste non muda en relación ao texto de Proxecto do Lei aprobado en decembro de 2012 polo actual Goberno.

Desde as organizacións convocantes enténdese que o referido Proxecto de Lei, de non mudar substancialmente o seu contido en varios aspectos, pon en serio risco o futuro das pemes e autónomos transportistas, xa que en troques de concebirse como o marco legal que protexe a boa saúde do sector do transporte, persegue absolutamente o contrario, é dicir, servir os intereses dos grandes contratadores de transporte, é dicir, as multinacionais, e mais os grandes operadores.

FETRAM, FEGATRANS e UCOGATRA esixen a introdución no Proxecto de Lei de medidas efectivas de protección para o transportista efectivo, é dicir, aquel que de xeito efectivo realiza o transporte, contra:

  • A morosidade.
  • Os abusos nas cargas e descargas.
  • Os que contratan transporte por debaixo de custos.
  • O intrusismo, particularmente no transporte lixeiro.

As organizacións convocantes convidan a participar a todo o mundo na asemblea e, segundo as primeiras impresións destas, agárdase unha participación masiva dos transportistas galegos nesta convocatoria.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 5.0/5 (3 votos)
Asemblea Unitaria de transportistas en Santiago o 13-Abril, 5.0 out of 5 based on 3 ratings
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Unha resposta a Asemblea Unitaria de transportistas en Santiago o 13-Abril

  1. Enviado por Jose Martínez o 9 de Abril de 2013 ás 10:39

    A qué esperamos para parar!!!!
    Mexan por encima nosa e dicimos que chove

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.