O Congreso dos Deputados aproba a Acción Directa

24 de Abril de 2013

A Comisión de Fomento do Congreso aprobou onte 23 de abril con 26 votos a prol e 15 en contra o Proxecto de Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (LOTT) co apoio de PP, UPyD, CiU e PNV, logo de que o Goberno aceptase a transacción de 50 emendas dos grupos (un 23% das 216 que se presentaran). O texto pasa agora ao Senado, onde tamén se poderían introducir modificacións.

Entre as modificacións introducidas no Proxecto de Lei grazas ás transaccións aceptadas, destaca sobremaneira a aceptación da acción directa de forma integral, tal como viñan demandando as organizacións de transportistas. Así, a redacción da disposición adicional sexta di: «nos supostos de intermediación na contratación de transportes terrestres, o transportista que efectivamente tivera realizado o transporte, terá ‘acción’ contra o cargador principal e todos os que, no seu caso, lle tiveran precedido na cadea de subcontratación, en caso de falta de pagamento do prezo do transporte por quen o tivera contratado, agás no suposto previsto no artigo 227.8 da Lei de Contratos do Sector Público

Sen dúbida, a incorporación da posibilidade de exercer a acción directa contra o cargador principal ou contra calquer elo da cadea de subcontratación, que viña sendo unha das reivindicacións máis sobranceiras do sector, mellora substancialmente o texto do Proxecto de Lei pola súa repercusión en canto á redución da morosidade e de dotar de maior transparencia á cadea de subcontratación.

Outras modificacións introducidas pola Comisión de Fomento do Congreso son as seguintes:

  • Elévase a contía das Xuntas Arbitrais ata os 15.000 euros.
  • Refórzanse os requisitos esixidos para a realización de transporte lixeiro con vehículos de 2 a 3,5 toneladas de MMA, en relación ao recollido no Proxecto de Lei que no seu día entrou no Congreso, xa que agora estas empresas deberán superar os visados correspondentes, se ben segue sen esixirse a competencia profesional.
  • As cooperativas de transportistas non estarán obrigadas a obter a autorización de operador de transporte cando a súa intermediación se limite á comercialización de transporte realizado polos seus socios que sexan titulares de autorización de transporte de mercadorías, mais se contratasen transportes con terceiros terían que ser operadores de transporte.
  • No tocante á responsabilidade obxectiva do empresario, exonérase de responsabilidade aos empresarios de transporte polas infraccións cometidas en relación cos tempos de condución e descanso dos seus condutores, ou a manipulación e/ou falseamento ou uso indebido do aparello de control dos tempos de condución e descanso, cando acrediten que os feitos que a determinaron constituían unha falta moi grave de indisciplina ou  desobediencia, cometida por un dos seus condutores e que deu lugar a que este fora obxecto dunha das sancións que as disposicións legais ou o convenio colectivo aplicable aparellan a esta clase de falta, sempre que dita sanción fora declarada procedente mediante sentenza firme ou non fora obxecto de reclamación xudicial por parte do traballador no tempo previsto a tal efecto.
VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.