O sector do transporte deuse cita en Nortrans

1 de Xullo de 2013

O sábado 29 de xuño pechouse a 9ª edición do Salón do Transporte e a Loxística NORTRANS con máis de 3.000 visitas, converténdose por tanto nun verdadeiro centro de negocios do sector no que se pechou a operación de venda de varios vehículos e se estableceron contactos comerciais para vendas a medio prazo. Esta cita, que medrou un 8% no número de expositores a respecto da edición de 2011, presentou as últimas novidades en autobuses e camións e tamén en aspectos relacionados coa redución do consumo de combustible e de emisións de CO2.

Relacionado co coidado medioambiental puideron verse as primeiras cabezas tractoras que xa aplican a normativa europea Euro 6 que será obrigatoria a partir de 1 de xaneiro de 2014 e que limita as emisións de óxido de nitróxeno e de partículas.

Xornadas Técnicas de Mercadorías

A aprobación no Senado da reforma da LOTT hai uns días marcou sen dúbida estas xornadas técnicas de transporte de mercadorías e viaxeiros. No que respecta a mercadorías, destacar a presenza do Presidente de Fenadismer en Ourense, Julio Villaescusa, quen manifestou unha posición en xeral crítica co contido definitivo da Lei, se ben reparou na importancia que para o sector pode ter a aprobación da coñecida «Acción Directa» para reducir sensiblemente e dar máis transparencia á cadea de subcontratación no transporte, así como medio de protección nos casos de falta de pagamento por parte do intermediario ao transportista efectivo.

Tamén tomaron parte nas xornadas os responsables da empresa Supervisión y Control S.A. (concesionaria do servizo da ITV en Galicia), Manuel González e Manuel Vázquez, quen presentaron as probas de freado en carga ás que se deberán someter os vehículos de MMA superior a 10 Tn a partir de 1 de xullo de 2013.

Apetamcor protagonizou máis noticias en Nortrans

Como evento destacado dentro do programa de Nortrans, o sábado 29 a partir das 10:00 horas celebrouse a Asemblea Xeral de APETAMCOR.

Ademais, a Asemblea interrompeuse durante 15 minutos ás 11:00 horas para procederse á sinatura dun convenio de colaboración da Xunta de Galicia, grazas ao cal se cede á asociación a superficie de 6.318 m2 destinada a aparcamento de vehículos pesados ubicada na Central de Transportes de San Cibrao das Viñas, co obxecto de que sexa acondicionada como aparcadoiro seguro para camións. Asinaron o convenio o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o Presidente de Apetamcor, José Manuel Rodríguez.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.