Sancións no Porriño por estacionar camións en polígonos

26 de Agosto de 2013

Mediante volantinas ameazantes, a Policía Local do Concello do Porriño comunicou aos propietarios de camións estacionados nos polígonos de A Granxa e As Gándaras, sitos na referida localidade da Louriña, a advertencia de que poderán ser sancionados se os vehículos permanecen parados máis de 72 horas consecutivas.

Así, a información que se pode ler das volantinas explicativas era a seguinte: «Policía Local do Porriño informa: que según el Artículo 43.1 de la Ordenanza Municipal de Tráfico los camiones NO PODRÁN permanecer más de 72h consecutivas, siendo considerada como infracción leve y sancionada con una cuantía de hasta 100€ por dicha Ordenanza«.

Chama a atención a falta de sensibilidade deste Concello co sector do transporte profesional, máis aínda tendo en conta a importancia económica que para O Porriño supoñen a actividade que se desenvolve nos polígonos referidos e o papel tan decisivo dos camións para que isto sexa así. En troques de destinar parte dos importantes excedentes económicos que o Concello atinxe grazas a esta actividade industrial a mellorar as dotacións, infraestruturas e servizos destes polígonos, por exemplo habilitando zonas reservadas para o aparcamento de camións, das que precisamente hoxendía carecen, optan pola vía de sancionar.

A pregunta é ben simple: onde desexan que se estacionen os camións?

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Unha resposta a Sancións no Porriño por estacionar camións en polígonos

  1. Enviado por yo soy aquel o 8 de Novembro de 2013 ás 17:48

    a los transportistas esto les ocurre porque en la malloria nunca les pidieron a sus representantes politicos zonas de aparcamiento que cuando pagan los impuesto de rodage en los respectivos ayuntamientos,no suelen rodar en estos,pero claro nosotros estamos encantados de tenerlos parados y seguir pagando los tributos y sin molestar.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.