O transporte catalán contra a imposición da viñeta na C-25

31 de Outubro de 2013

As organizacións de transportistas catalanas veñen de mostrar a súa oposición frontal á intención do goberno catalán de implantar unha viñeta na estrada C-25 a partir de 2014. A Generalitat pretende gravar o tráfico pesado segundo a contaminación e o uso da infraestrutura a partir do vindeiro ano no denominado Eix Transversal (estrada C-25), onde implementará o sistema de euroviñeta.

A Lei de Acompañamento dos Orzamentos para 2014 que a Generalitat remitiu o Consello do Traballo Económico e Social de Catalunya (CTESC) inclúe a implantación desta taxa, que gravará unha vía que vai desde o enlace coa A-2 en Cervera (Lleida) ata a A-2 en Caldes de Malavella (Girona).

Os vehículos obrigados a abonar a taxa serían os camións de 12 toneladas ou máis que circulen pola C-25, a pagar no momento en que o vehículo pase polos puntos de control, en función dos quilómetros recorridos e das súas emisións de CO2, segundo informa o diario El País.

Os ingresos da taxa serían destinados polo goberno catalán á creación dun fondo para a mellora e mantemento de infraestruturas do transporte.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 3.0/5 (1 voto)
O transporte catalán contra a imposición da viñeta na C-25, 3.0 out of 5 based on 1 rating
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Unha resposta a O transporte catalán contra a imposición da viñeta na C-25

  1. Enviado por yo soy aquel o 8 de Novembro de 2013 ás 16:40

    cuando los transportistas se pondran de pie,para decir vasta lla de tanto abuso y vasallage soportado: ¿asta cuando?

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.