Preséntase máis e mellor inspección no transporte para 2014

28 de Novembro de 2013

Onte martes 27 de novembro tivo lugar na sede do Ministerio de Fomento a reunión que anualmente se celebra para tratar sobre o Plan de Inspección de Transporte por Estrada para 2014. A reunión foi presidida pola Subdirectora Xeral de Inspección do Ministerio de Fomento acompañada dos responsables de inspección de Madrid, Comunitat Valenciana e Catalunya, en representación de todas as Comunidades Autónomas. Así mesmo asisten as organizacións de transportistas que integran o Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC).

O obxectivo da reunión é elaborar os criterios prioritarios do Plan de Inspección deseñados polo Ministerio para o vindeiro ano 2014, que consta dos seguintes apartados:

  • Control sobre a realización de servizos de transporte público ao abeiro da correspondente autorización, para o que se dotou á Garda Civil de ferramentas tecnolóxicas que facilitarán o control.
  • Control sobre a realización de servizos de transporte público ofertados en distintos medios (portais de cargas, internet, etc).
  • Control da realización de transporte público ao abeiro de autorizacións de transporte privado, especialmente transporte de obras e transporte lixeiro de ata 3,5 toneladas.
  • Control sobre empresas de transporte de mercadorías que non efectuaron o visado das súas autorizacións no ano 2012, tendo en conta que nese ano non visaron as autorizacións correspondentes a 21.389 vehículos de transporte.
  • Excesos de peso, para o que se procederá á revisión de todas as básculas fixas.
  • Manipulación do tacógrafo, especialmente nos curtos percorridos onde se vén detectando un maior nivel de manipulación.
  • Control de tempos de condución e descanso, tendo en conta que en España o parque de vehículos obrigados a levar tacógrafo é de 410.738 vehículos, para o que conforme o obrigado pola Directiva europea controlaranse en 2014 alomenos 2.772.482 xornadas de traballo. Debe ficar claro que a carencia do certificado de actividades non é sancionable en sí, se non a non xustificación axeitada dos tempos de condución e descanso.
  • Control sobre o transporte de mercadorías perigosas.
  • Transporte realizado por non residentes.
  • Control de condutores de terceiros países.
  • Cualificación inicial e formación continua de condutores.
  • Inmobilización de vehículos.

Feita a exposición dos representantes dos Administración, os portavoces das organizacións de transportistas aproveitaron para dar traslado directamente das cales entende o sector que deben ser as prioridades a efectos de inspección, que se resumen en 5 apartados:

  1. Control do intrusismo daquelas empresas que non visaron as autorizacións de transporte e continúen exercendo a actividade sen autorizacións en vigor, dado o elevado número de empresas que non realizaron o visado nos últimos dous anos.
  2. Control da competencia desleal realizada por empresas estranxeiras que transportan en España, moitas das cales son creadas por empresas españolas que se deslocalizan e establecen empresas filiais en países do Leste de Europa polos menores custos fiscais e sociais. Neste sentido, solicítase un control exhaustivo da cabotaxe realizada por ditas empresas estranxeiras requerindo toda a documentación acreditativa (CMR, tacógrafo, etc.).
  3. En caso de excesos de peso comprobados en estrada, que se permita ao transportista un segundo método de comprobación cando existan dúbidas fundadas sobre a comprobación inicial do exceso de peso, así como delimitar a exención de responsabilidade dos transportistas cando existindo exceso de peso xustifique que foi sen o seu coñecemento ou acreditando un xustificante entregado polo cliente cun peso inferior.
  4. Incremento da inspección sobre o transporte ilegal realizado con vehículos lixeiros de ata 3,5 toneladas sen autorización especialmente nos ámbitos urbanos, xa que ao abeiro da nova reforma da LOTT é máis doado obter a citada autorización de transporte.
  5. Rexeitamento da política de incentivos económicos se está aplicando aos axentes de control en estrada para que prioricen a inspección aos vehículos de transporte fronte a outras actuacións en materia de seguridade viaria.

En próximas datas, o Ministerio de Fomento publicará na súa páxina web www.fomento.es o documento íntegro sobre o Plan de Inspección para o ano 2014.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*