Ata 900.000 euros por non pagar nos prazos legais

28 de Xaneiro de 2014

O Parlamento inicia o trámite do novo réxime sancionador con multas de ata 900.000 euros contra as empresas que incumpran a lexislación sobre prazos máximos de pagamento.

A celebración da II Cimeira sobre Morosidade organizada pola Plataforma Multisectorial contra a Morosidade, da que forma parte FENADISMER en representación do sector empresarial do transporte por estrada, foi todo un éxito se atendemos a que só pouco máis de dous meses despois o Parlamento iniciou os trámites para modificar a Lei de morosidade e incluír un réxime sancionador nesta. Esta é a principal reivindicación, xa que segundo esta Plataforma será a única forma en que as empresas cumpran os prazos máximos legais de pagamento.

No sector do transporte por estrada, os prazos de pagamento situáronse no mes de Decembro en 85 días de media, incumprindo a Lei de morosidade un 71% dos clientes dos transportistas, segundo os resultados obtidos no Observatorio permanente de morosidade que mensualmente elabora A Fundación Quijote en colaboración con FENADISMER.

Como non pode ser doutro xeito, a Plataforma Multisectorial contra a Morosidade valora positivamente a Proposición de lei de modificación da actual lexislación de loita contra a morosidade que o pasado mércores 21 de xaneiro presentou o Grupo Parlamentario de Convergencia i Unió no Congreso dos Deputados para a súa tramitación parlamentaria.

Dito proxecto, en consonancia coas reivindicacións plantexadas polas organizacións que integran a Plataforma, introduce un novo réxime sancionador dirixido tanto ás empresas como ás entidades públicas que incorran nalgunhas das infraccións previstas en dita proposición de lei, establecéndose contías que van desde os 6.000 euros para as infraccións leves (por exemplo, pagar a 80 días) ata os 900.000 euros para as infraccións moi graves (por exemplo, incumprir sistematicamente os prazos de pagamento en prexuízo das pequenas e medianas empresas ou prevaléndose da súa situación de dependencia económica).

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*