Ordénase o aparcamento de camións no Polígono do Tambre

1 de Abril de 2014

O Concello de Santiago de Compostela acordou ordenar as zonas de aparcamento do Polígono do Tambre, delimitando expresamente as prazas reservadas para aparcamento de camións mediante liña amarela e cun sinal vertical como o da imaxe que se achega.

A través dunha reunión mantida do día de hoxe polo Concelleiro de Tráfico de Santiago e representantes da Polícía Local cos responsables de Asociación de Transportistas APETAMCOR, deuse traslado directamente ao sector da decisión de que a partir do 15 de abril do presente mes os axentes comezarán a advertir aos propietarios daqueles vehículos pesados que vexan estacionados fóra das zonas habilitadas, tratando de evitar o último seu recurso, que sería a denuncia.

As zonas con prazas habilitadas para o estacionamento de camións neste Polígono son:

  • Vía Arquímedes.
  • Vía Guttemberg.
  • Rúa das Mulas.
  • Rúa de Mª Ángeles de la Gándara
  • Vía de la Cierva.
  • Parcela anexa ao Centro Empresarial do Tambre (fronte a fábrica de Donuts).

Desde o Concello tamén manifestan que se as zonas reservadas para camións non son suficientes para dar servizo a todos, non terían problema para habilitar máis.

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Unha resposta a Ordénase o aparcamento de camións no Polígono do Tambre

  1. Enviado por j.manuel.a o 2 de Abril de 2014 ás 20:05

    Santiago esta a gozar dos mellores politicos dos ultimos tempos.De verguenza como os camions non pagan impostos normal.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.