Bélxica prohibe facer o descanso semanal de 45 h. no camión

26 de Xuño de 2014

Curiosamente, finalmente foi Bélxica o estado da Unión Europea que acaba de abrir o melón cunha medida tan polémica como esta, sobre a que xa se viña falando desde hai varios meses: a prohibición de realizar o descanso semanal normal (de alomenos 45 horas) a bordo do vehículo.

Así pois, a norma acaba de entrar en vigor neste país de centro de Europa, que ademais, en caso de incumprimento, ten prevista unha sanción de 1.800 euros. En calquera caso, non se coñece aínda como se realizarán os controis para verificar o cumprimento desta nova norma.

Unha norma nos mesmos termos está a punto de concluír a súa tramitación en Francia, como vén sendo anunciado desde hai varias semanas. Obviamente, o impacto para o transporte internacional por Europa será dunha dimensión infinitamente superior no caso país galo.

Ambas normas tratan de encontrar xustificación en que o Reglamento CE 561/2006, regulador dos tempos de condución e descanso para os condutores profesionais, autoriza a realizar o descanso semanal reducido a bordo do vehículo sempre que este vaia provisto de liteira, o que interpretado ao contrario, ao non citarse o descanso semanal normal, implicaría que dito descanso do condutor non se podería realizar a bordo do vehículo en ningún caso. Obviamente este razoamento é discutible, mais o que si é certo é que as organizacións de transportistas destes países non mostraron un rexeitamento contundente desta medida.

_______________________________________________

Fonte: Gabinete de Apoio ao TRANSPORTE EXTERIOR
Financiado por: 

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*