Michelin acorda unha nova suba no prezo dos neumáticos

14 de Maio de 2011

O fabricante de neumáticos Michelin informa que se va na obriga de realizar unha nova suba nas tarifas dos neumáticos para Vehículo Industrial, Enxeñería Civil, Obra Pública, Manutención e Agricultura en Europa, ante o continuo aumento dos custos das materias primas.

Para os neumáticos de Vehículo Industrial en Europa, o incremento nas tarifas será do 7%, para os da marca Michelin, e do 13% (variable segundo os países) para os do resto de marcas do Grupo. Os neumáticos renovados Michelin Remix terán un incremento do 7% de media. Estes aumentos aplicaranse a partir do 1 de xuño de 2011.

Para os neumáticos de Enxeñería Civil, Obra Pública e Manutención, o aumento de prezo será de ata o 8%, aplicable a partir do día 1 de xuño de 2011, e afectará á maior parte dos mercados europeos.

Para os neumáticos Agrícolas, para o mercado de reemprazo, a suba será do 6% como media para todas as marcas do Grupo e terá efecto a partir do 1 de xullo de 2011.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*