Os condutores galegos respectarán o salario mínimo alemán

24 de Decembro de 2014

O Goberno alemán acaba de aprobar o establecemento do Salario Mínimo Interprofesional en dito país, fixando a contía de 8,5 euros por hora de traballo. Este importe salarial deberá ser respectado en todos os sectores económicos, incluído os servizos de transporte que se realicen en Alemaña, xa sexan en réxime de cabotaxe ou en transporte internacional (con orixe, destino ou tránsito por ese país). Esta nova norma entrará en vigor o próximo 1 de xaneiro de 2015.

Así pois, calquera empresa transportista que circule por Alemaña deberá cumprir cos seguintes requisitos:

  1. Todos os condutores profesionais procedentes de outros estados membros da Unión Europea deberán rexistrarse previamente a que vaian circular polas estradas alemás, facilitando a seguinte información: data de inicio e duración estimada dos servizos de transporte en territorio alemán; datos identificativos do condutor que supostamente traballará en Alemaña, así como a duración prevista; enderezo no que se conservarán todos os documentos obrigatorios acreditativos; e crtificación que acredite que pode proporcionarse o comprobante de pagamento dos salarios mínimos. Dita información deberá enviarse por escrito (mediante fax ou vía electrónico) e en alemán utilizando para iso un formulario xa establecido.
  2. O transportista estará obrigado a rexistrar a data de inicio, final e o número de horas traballadas en Alemaña cando menos 7 días despois da operación de transporte. Esta documentación deberá conservarse alomenos 2 anos.
  3. Ademais, se o transportista non é residente en Alemaña, deberá designar un representante nese país, que responderá dos posibles incumprimentos da norma.

O incumprimento da obriga da comunicación debidamente cuberta, a súa falta de envío no prazo establecido ou a súa transmisión incorrecta ou incompleta, podería dar lugar á imposición dunha sanción administrativa de ata 30.000 euros.

A día de hoxe aínda as autoridades alemanas non despexaron varias incógnitas relativas a esta nova norma, da relevancia das seguintes:

  • Que acontece cos traballadores autónomos? Como acreditan estes o seu salario?
  • Contabilizarán as pagas extra ou outros complementos salariais que figuran nos contratos das nosas empresas, a efectos do mínimo de 8,5 € por hora de traballo? E as dietas?
  • Como se deberán rexistrar as horas traballadas en Alemaña? A través do tacógrafo?
  • Como actuará a inspección xermana en estrada a este respecto?

_______________________________________________

Fonte: Gabinete de Apoio ao TRANSPORTE EXTERIOR
Financiado por: 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Unha resposta a Os condutores galegos respectarán o salario mínimo alemán

  1. Enviado por Pedro o 24 de Decembro de 2014 ás 13:28

    E eu pregunto en canto e cando se lle vai facer cumplir as empresas Xermanas ou exportadoras a Alemania que cumplan con tarifas e respeten a ley de MOROSIDADE

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.