Leche Celta de Meira prescinde dos seus transportistas

30 de Marzo de 2015

Leche Celta, propiedade do grupo portugués Lactogal, vén de decidir prescindir das pemes e cooperativas galegas que de xeito maioritario lle estaban a prestar os servizos de transporte de reparto desde a súa planta en Meira (Lugo) para fornecer ao seu cliente principal, Mercadona, para entregar ao grupo loxístico Carreras, con sede en Zaragoza, a totalidade dos servizos de reparto a partir de 1 de abril.

Iso si, desde a fábrica instan a estes transportistas, que agrupan unha frota superior a 50 vehículos, a poñerse de acordo con Carreras para traballaren subcontrados para Carreras, proposta esta que nun exercicio de dignidade rexeitaron, negándose tallantamente a traballar sometidos a este operador nunhas condicións obviamente moito máis en precario.

Os transportistas mantiveron hoxe unha xuntanza cos responsables da fábrica que duron non máis de 10 minutos, rachándose as negociacións ante a negativa catogórica deste grupo de transportistas a traballar para Carreras.

Carreras é un dos operadores loxísticos máis importantes de España, cunha frota propia que supera os 500 vehículos, de quen tamén se fala que conta con firmas filiais deslocalizadas en países da Europa do Leste.

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Unha resposta a Leche Celta de Meira prescinde dos seus transportistas

  1. Enviado por Susana o 20 de Abril de 2015 ás 16:28

    Habláis de condiciones precarias hacia los trabajadores y desde la empresa se propuso un encuentro para hablar de mejores condiciones y ningún trabajador quiso oírlas. Me parece bien que se luche por los derechos, pero tampoco veo bien el protestar sin haber escuchado antes las condiciones. Carreras, cuyos trabajadores son españoles y muchos de ellos gallegos, ganó legítimamente un concurso público frente a otros competidores.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.