Os transportistas da Coca-Cola alcanzan un acordo coa fábrica

6 de Maio de 2015

Onte á noite pechouse o acordo entre os transportistas galegos da fábrica de Begano – Coca-Cola da Coruña e a empresa que pon fin ao paro na actividade que iniciaran ás 00:00 horas do luns, co apoio activo das federacións galegas de transportistas FETRAM e FEGATRANS. Grazas a este acordo este grupo de transportistas poderá seguir prestando a esta fábrica coruñesa de bebidas os seus servizos de transporte de xeito directo e nas mesmas condicións económicas que ata agora, garantíndoselles así mesmo un mínimo de facturación mensual.

Por conseguinte, foron necesarias cáseque 48 horas de cesamento forzado dos servizos de reparto nesta fábrica e por tanto de absoluta parálise da actividade da mesma para atinxir un acordo satisfactorio para os transportistas convocantes da mobilización, que se viran obrigados a iniciar esa acción de protesta toda vez Coca-Cola Iberian Partners dicidira unilateralmente a concesión en exclusiva dos seus servizos de transporte de reparto ao grupo loxístico aragonés Sesé, que como é sabido conta con empresas filiais deslocalizadas fraudulentamente en Romanía e Bulgaria, e así mesmo convidara aos transportistas galegos despedidos a aceptaren traballar subcontratados para Sesé nunhas condicións económicas moi desfavorables.

Finalmente, asistimos a un episodio máis no que a unidade entre os autónomos e micropemes do sector dá os seus froitos e fai posible a rectificación forzosa dunha compañía da dimensión desta coñecida firma de bebidas.

 

A seguir reproducimos as informacións recollidas sobre o conflito de Begano no Telexornal Mediodía da Galega do luns día 4:

 

Esta mobilización, convocada e apoiada activamente polas federacións FETRAM e FEGATRANS representativas en Galicia das pemes e os autónomos, non contou en ningún caso co apoio nin a mediación da Xunta de Galicia, que en ningún momento abriu a mínima canle de interlocución, nin cos transportistas afectados, nin coas federacións convocantes, malia as declaracións que se reproducen a continuación do Conselleiro de Industria recollidas nese mesmo Telexornal:

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Unha resposta a Os transportistas da Coca-Cola alcanzan un acordo coa fábrica

  1. Enviado por Santiago Riveiro o 8 de Maio de 2015 ás 21:53

    El lunes, cuando comenzaba la huelga, los trabajadores de la planta de Coca Cola en Fuenlabrada, una de las que decidió cerrar Coca Cola Iberian Partners y que permanecen acampados ante la planta para evitar su desmantelamiento, acudían a mi, periodista, para tratar de ponerse en contacto y mostrar su apoyo y solidaridad a los que consideraban sus compañeros en la lucha, los transportistas autónomos afectados por la mala idea de fichar al grupo Sede. Al no contar con contacto directo con ellos, pasé su teléfono a Alberto Vila, alguien que creo es importante por ahí y que estaba con ellos a las puertas de Begano. Prometió trasladar el recado y me jura que así lo hizo.

    A día de hoy, casi una semana después, nadie entre la treintena de camioneros que alcanzaron el acuerdo se puso en contacto con ellos para devolverles el gesto. Son 238 trabajadores. Siguen plantados ante su fabrica confiando en que se apliquen las sentencias y se les reintegre al trabajo. Son un ejemplo. Los transportistas de Begano, lamentablemente a mi entender, no. Aunque nunca es tarde si la dicha es buena.

    Un saludo.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.