O Goberno segue sen concretar o plan alternativo das peaxes

29 de Maio de 2015

Como se recordará, o pasado mes de abril durante a última reunión celebrada entre as federacións de transportistas e os representantes do Ministerio de Fomento, se acordó establecer un Plan alternativo para fomentar el desvío de camiones desde las carreteras nacionales a las autopistas de peaje, basado en la voluntariedad de dicha medida.

Sin embargo, transcorrido máis dun mes desde dita reunión, o Goberno segue sen concretar a nova proposta de dito Plan alternativo, que se establecería sobre un menor número de treitos aos inicialmente propotos polo Ministerio de Fomento e establecendo unha política de descontos en función da intensidade de circulación nas estradas afectadas para fomentar a utilización voluntaria das autoestradas de peaxe.

Este feito xa motivou que o Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC), organismo consultimo sectorial do Ministerio de Fomento que integra ás principais organizacións de transportistas, se dirixira formalmente ao Secretario Xeral de Infraestruturas manifestándolle a súa sorpresa por non ter recibido aínda a proposta, malia o interese inicial do Ministerio de Fomento por axilizar a súa posta en marcha, que hai que lembrar está dotada cunha partida total de 10 millóns de euros na ley de Orzamentos Xerais do Estado do presente ano 2015.

Pola súa banda, a concesionaria Abertis vén de anunciar que a partir do vindeiro 1 de xuño modifica o seu programa de descontos dirixidos aos transportistas, o que vai supor que a práctica totalidade dos transportistas van ver eliminados os descontos dos que na actualidade se viñan beneficiando, xa que só se manterán os descontos para consumos por camión superiores a 300 euros mensuais, xa que o consumo medio de autoestradas en España non supera dito importe.

A concesionaria Abertis explota na actualidade as seguintes autoestradas:

  • AP-7: La Jonquera-Alicante
  • AP-2: Zaragoza-Barcelona
  • AP-6: Villalba-Adanero
  • AP-68: Bilbao-Zaragoza
  • C-33: Barcelona-Montmeló
  • C-31/C-32: Montgat-Blanes
  • C-32: Castelldefels-El Vendrell
  • AP-51: Villacastín-Avila
  • AP-61: San Rafael-Segovia
  • AP-4: Sevilla-Cádiz
VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.