A rebaixa no prezo das peaxes só en 6 treitos de autoestradas

10 de Xuño de 2015

O Ministerio de Fomento anunciou onte a posta en marcha a partir do próximo 1 de xullo do Plan de desvío voluntario de camións de máis de 4 eixos dalgunhas estradas convencionais ás autoestradas de peaxe, mediante a bonificación de ata un 50% do importe da peaxe.

En tronques, fronte aos 20 treitos de estradas que inicialmente formulaba o Plan anunciado polo Ministerio de Fomento o pasado mes de febreiro, o Plan definitivamente aprobado só inclúe 6 treitos de estradas en todo o Estado, e no caso concreto de Galicia unicamente na AP-9 entre o nó de Puxeiros (Vigo) e Tui (fronteira con Portugal).

En concreto, os 6 treitos son as seguintes:

  • N-550/AP-9: Vigo-Fronteira portuguesa.
  • N-VI/AP-6: Villalba-Villacastín.
  • N-IV/AP-4: Sevilla-Jerez.
  • N-240/AP-2: Lleida-Montblanc.
  • N-1/AP-1: Burgos-Armiñón.
  • N-630/AP-66: León-Campomanes.

En todo caso, descoñécese aínda o contido exacto do Plan e a contía exacta dos descontos a aplicar. Trátase por tanto dunha proxecto cuxo contido definitivo Fomento non consultou coas organizacións do sector.

Neste sentido, FENADISMER vén de manifesar que este Plan supón unha redución moi sustancial a respecto do Plan inicialmente proposto, así como os vehículos que poden acollerse a dita medida, polo que FENADISMER o entende pouco ambicioso fronte ás expectativas inicialmente creadas, xa que menos dun terzo dos vehículos, en concreto por volta de 27.000 vehículos, poderán beneficiarse diariamente dos descontos nas peaxes do 50% que se prevé aplicar. Ao mesmo tempo, lamenta que non se tiveran en conta as propostas plantexadas no seu día ao Ministerio de Fomento para facer máis efectiva a aplicación de dito Plan, en concreto a inclusión dos treitos de estradas convencionais con maior intensidade de circulación de camións (N-II/AP-2, N-340/AP-7 e N-232/AP-68, entre outras) e que non se estableza unha política de modulación dos descontos nas peaxes en función dos treitos horarios e días de maior intensidade circulatoria.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.