Aínda sen concretar o Plan descontos nas autoestradas

24 de Xuño de 2015

O Plan de desvío voluntario de camións ás autoestradas segue sen concretarse malia estar prevista por Fomento a súa entrada en vigor o vindeiro 1 de xullo. As concesionarias de autoestradas dos 6 treitos incluídos non facilitan información algunha sobre os novos descontos a aplicar aos transportistas.

O pasado 9 de xuño o Ministerio de Fomento anunciou aos medios a posta en marcha a partir de 1 de xullo do Plan de desvío voluntario de camións desde as carreteras convencionais ás autoestradas de peaxe. Segundo a información facilitada, esta proba piloto realizaríase en 6 tramos de estrada, fronte ás 20 estradas convencionais que inicialmente recollía o Plan presentado polo Ministerio á altura do mes de febreiro, quedando por tanto restrinxido a unha lonxitude total de 326 km de autoestrada.

Segundo o anunciado polo Ministerio de Fomento, a único treito de autoestrada en Galicia que se incluiría neste Plan voluntario sería o da AP-9 entre o alto de Puxeiros de Vigo e Tui, case chegando á fronteira portuguesa. O resto dos treitos afectados pola proba piloto serían os seguintes:

  • N-VI/AP-6: Villalba-Villacastin.
  • N-IV/AP-4: Sevilla-Jerez.
  • N-240/AP-2: Lleida-Montblanc.
  • N-1/AP-1: Burgos-Armiñón.
  • N-630/AP-66: León-Campomanes.

Sen embargo, FENADISMER vén de comunicar mendiante unha nota de prensa a súa sorpresa polo feito de que, a unha semana da súa pretendida entrada en vigor, as concesionarias das autoestradas incluídas na proba piloto seguen sen dar información algunha sobre o desenvolvemento de dita medida e do importe exacto dos descontos a aplicar aos transportistas en función dol traxecto da autoestrada percorrido.

Ante esta situación, esta Federación xa solicitou ao Ministerio de Fomento que inste ás concesionarias das autoestradas incluídas no Plan para que con carácter inmediato se dea a máxima publicidade ao novo Plan e aos descontos dos que se poderán beneficiar os transportistas, coa finalidade de atinxir a máxima efectividade no senso de avaliar de xeito positivo a aplicación da proba piloto con vistas a solicitar unha prórroga a final de ano.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.