Alemaña amplía as peaxes ás súas estradas nacionais

22 de Xuño de 2015

Alemaña amplía a partir de xullo a peaxe obrigatoria a camións a outros 1.100 km das súas estradas nacionais. Así mesmo, desde outubro amplíase a aplicación aos vehículos a partir de 7,5 Tn.

A partir do vindeiro 1 de xullo 1.100 quilómetros das estradas nacionais alemanas sómanse aos máis de 12.000 quilómetros de autoestradas nos que se aplica o sistema de pagamento obrigatorio de peaxes aos camións de máis de 12 toneladas de MMA, tanto alemáns como estranxeiros, que circulen por ditas vías. O obxectivo de ampliar o ámbito de aplicación do imposto tamén ás vías nacionais, segundo o Goberno alemán, é para “evitar que os camións procuren itinerarios alternativos para saír das autoestradas e aforrar o pagamento”. Con esta medida, o Goberno estima recadar por volta de de 900 millóns de euros adicionais, que serán destinados á mellora das infraestruturas viarias. A peaxe obrigatoria en Alemaña para camións está en vigor desde o ano 2005.

Hai que tener en conta que o importe da peaxe se calcula non só en función do traxecto percorrido, senón tamén atendendo ás emisións contaminantes do vehículo (categoría Euro) e ao seu número de eixos, estando previsto ampliar o seu ámbito de aplicación a partir de 1 de outubro deste ano a todos os vehículos de transporte de mercadorías de 7,5 ou máis toneladas de MMA.

Por último, lembrar que o sistema de cobro da peaxe en Alemaña (denominado Toll Collect) permite 3 xeitos de efectuar o pagamento:

  • De modo automático, a través dun equipo instalado no vehículo (OBU).
  • De forma manual, a través internet (www.toll-collect.de).
  • De forma manual, a través dun dos máis de 3.500 terminais de pagamento situados en todo o territorio xermano.

 

    _______________________________________________

    Fonte: Gabinete de Apoio ao TRANSPORTE EXTERIOR
    Financiado por: 

    VN:F [1.9.8_1114]
    Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
    Compartir
    • Print
    • Facebook
    • del.icio.us
    • Twitter
    • Google Bookmarks

    Deixe unha resposta

    O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    *

    Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.