Entra por fin en vigor o Plan de descontos nas peaxes

6 de Xullo de 2015

Desde as 00:00 horas do martes 7 de Xullo ponse en marcha o Plan de desvío voluntario de camións de 4 ou máis eixos (categoría “Pesados 2”) dalgunhas estradas convencionais ás autoestradas de peaxe, mediante a bonificación de entre un 30 e un 50% do importe da peaxe, en función do tramo da autoestrada percorrido. Este Plan finalizará o 30 de Novembro de 2015.

Para acollerse a ditos descontos a peaxe deberá abonarse obrigatoriamente utilizando o dispositivo de telepeaxe VIA-T, xa que cos demais medios de pagamento (efectivo ou tarxetas bancarias) non se aplican ditos descontos. De feito cando o transportista transite pola autoestrada figurará o importe da peaxe sen desconto, obtendo dito desconto na factura mensual que emita a concesionaria.

Fronte aos 20 tramos de estradas convencionais que inicialmente proxectaba o Plan anunciado polo Ministerio de Fomento o pasado mes de Febreiro, o Plan finalmente aprobado só inclúe 6 tramos de estradas, en concreto as seguintes:

TRAMO DE AUTOESTRADA REDUCIÓN PARA TODOS OS CAMIÓNS QUE ATRAVESEN ESTE TRAMO

REDUCIÓN ADICIONAL PARA OS CAMIONES QUE CIRCULEN EXCLUSIVAMENTE POR ESTE TRAMO

N-550 y A-55/AP-9: Vigo-Fronteira portuguesa

35%

43,45%

N-VI/AP-6: Villalba-Villacastín

35%

43,45%

N-IV/AP-4: Sevilla-Jerez

50%

50%

N-240/AP-2: Lleida-Montblanc

35%

43,45%

N-1/AP-1: Burgos-Armiñón

35%

43,45%

N-630/AP-66: León-Campomanes

30%

50%

 

Tramo galego AP-9 Puxeiros-O Porriño-Tui

Neste tramo Audasa aplicará as seguintes reducións do importe da peaxe para os camións a partir de 4 eixos que circulen por dito tramo e que cumpran as condicións:

  • Redución do 35% a todos os vehículos que circulen polo tramo Puxeiros-Porriño.
  • Redución adicional á anterior ata chegar o 43,45% do importe da peaxe a aqueles vehículos que percorran exclusivamente o tramo Puxeiros-Porriño.

 

A posición do sector

As asociacións do sector temos manifestado ao Ministerio de Fomento a nosa insatisfacción polo pequeno número de tramos e quilómetros de autoestradas afectados por dito Plan, que por tanto consideramos pouco ambicioso en relación ao inicialmente proxectado polo Ministerio con carácter obrigatorio (só 326 km fronte aos 1.300 km). Se a isto unimos a súa curta duración no tempo, concluímos que se trata dun Plan moi pouco ambicioso que o Goberno sacou neste momento para saír do paso.

En todo caso, mañá martes celebrarase unha reunión do Comité Nacional de Transporte por Carretera cos representantes do Ministerio, onde novamente as federacións de transportistas mostrarán a súa insatisfacción co Plan.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.