Bélxica inserirá a Euroviñeta nas súas estradas en 2016

8 de Setembro de 2015

A partir do próximo 1 de abril de 2016, Bélxica porá en marcha simultaneamente nas 3 rexións que a conforman (Flandes, Valonia e Bruxelas capital) o novo sistema de pagamento polo uso das súas infraestruturas (Euroviñeta) que será de aplicación a todos os camións de máis de 3,5 toneladas de masa máxima autorizada, tanto nacionais coma estranxeiros, que transiten polas súas estradas.

A peaxe a pagar, que oscila entre os 12 céntimos de euro e os 20 céntimos de euro por quilómetro percorrido, establecerase en base aos seguintes parámetros:

  • Número de quilómetros percorridos.
  • Tipo de estrada (autovía, estrada rexional ou local).
  • Peso do vehículo.
  • Categoría medioambiental Euro do vehículo.

Para facer efectivo o pagamento, previamente o transportista deberá instalar a bordo do seu vehículo o dispositivo de control OBU (On-Board Unit) que mediante navegación satélite rexistra a súa circulación pola rede belga de estradas.

Para máis información sobre o novo sistema de peaxe nas estradas belgas pódese consultar a web www.viapass.be.

 

_______________________________________________

Fonte: Gabinete de Apoio ao TRANSPORTE EXTERIOR
Financiado por: 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.