Xornada sobre estiba e fixación da mercadorías no Porriño

20 de Outubro de 2015

APETAMCOR anuncia na súa web (facer click aquí) unha Xornada Formativa de grande utilidade para os profesionais do transporte, baixo o título de “Estiba, fixación e suxeición das mercadorías“, que terá lugar na sede de APETAMCOR en O Porriño o vindeiro sábado 24 de outubro.

Esta xornada servirá para abordar todas aquelas problemáticas e incidencias derivadas do amarre e suxeición das mercadorías, así como o cumprimento das directrices que a nivel europeo existen na materia para cada tipoloxía de carga e de transporte. Por tanto, é de especial interese para aqueles transportistas que realizan transportes internacionais, particularmente aqueles que circulan por Alemaña, verbo das especiais esixencias que este país ten adoptado.

Participará como ponente Giancarlo Terrassan, especialista en transporte formado en Alemaña e director da revista de transporte “Jornal Strada“.

Os/as interesados/as poden inscribirse en:

  • Tlf.: 986342233
  • Correo-e: prevencion@apetamcor.com
  • Enderezo: Polígono A Granxa Edificio de Servizos Loxísticos (parc. 210), 1º  -O Porriño.
VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.