Os Euro 3 xa non poden circular en Francia con máis de 40 Tn

6 de Outubro de 2015

Tratase dunha decisión administrativa de 28 de xullo de 2014 que acaba de entrar en vigor e que regula o calendario da prohibición do uso de certas categorías de vehículos para o transporte interior en Francia. Así, para o transporte de 44 toneladas, só poderán circular vehículos articulados con cinco ou seis eixos, en combinación de 2 na cabeza tractora e 3 no semirremolque ou 3 na tractora e 2 ou 3 no semirremolque.

As datas establecidas que, en función da antigüedade dos vehículos, permiten a circulación de ditos vehículos de 40 a 44 toneladas son as seguintes:

  • Ata o 30 de setembro de 2015, cando o vehículo fora matriculado con posterioridade ao 1 de outubro de 2001 (vehículos Euro 3)
  • Ata o 20 de setembro de 2018, cando o vehículo fora matriculado despois do 1 de outubro de 2006 (Euro 4 e Euro 5)
  • Os vehículos matriculados con posterioridade a 1 de outubro de 2009.

_______________________________________________

Fonte: Gabinete de Apoio ao TRANSPORTE EXTERIOR
Financiado por: 

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*