Rusia pon en marcha unha nova peaxe para camións

10 de Novembro de 2015

O Goberno da Federación Rusa puxo operativamente en marcha desde o pasado domingo 15 de novembro o seu propio sistema de cobro de peaxe obrigatorio para todos os camións nacionais e estranxeiros de máis de 12 toneladas de MMA que circulen pola rede de autovías rusas, que abranguen máis de 50.000 quilómetros de extensión total.

Calcúlase que o novo imposto, cuxo obxectivo é recadar fondos públicos para o mantemento e mellora da rede federal de autovías rusas, afectará a máis de 2 millóns de vehículos.

Para o seu control instaláronse 481 pórticos de seguemento ao largo das autovías e dotouse dunha frota de patrullaxe móbil composta por 100 vehículos.

O custo da peaxe estableceuse en 3,73 rublos rusos por km (aproximadamente 5 céntimos de euro) que se pode abonar dos seguintes xeitos:

  • Por internet, mediante pagamento por adiantado do traxecto a realizar
  • Mediante a instalación dun dispositivo OBU a bordo do camión.

Pódese obter máis información na web www.platon.ru.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.