O 30-N rematará o Plan de bonificación de certas peaxes

26 de Novembro de 2015

O pasado mes de xullo púxose en marcha o Plan de descontos a camións pola utilización de determinadas autoestradas de peaxe paralelas a estradas convencionais, mediante a bonificación de entre un 30% e un 50% do importe da peaxe, en función do tramo da autoestrada a recorrer.

O Plan, promovido polo Ministerio de Fomento e dotado cunha partida orzamentaria de 7,5 millóns de euros, previuse inicialmente e con carácter experimental sobre 6 treitos de estradas (un deles en Galicia), e en concreto os seguintes:

  • N-VI/AP-6: treito Villalba-Villacastín.
  • N-IV/AP-4: treito Sevilla-Jeréz.
  • N-240/AP-2: treito Lleida-Montablanc.
  • N-I/AP-1: treito Burgos-Arminón.
  • A-55/AP-9: treito Vigo-fronteira portuguesa.

En virtude dos convenios subscritos entre o Ministerio de Fomento e as empresas concesionarias das autoestradas, a vixencia do Plan de descontos a camións remata o vindeiro luns 30 de novembro, polo que as propias concesionarias xa teñen anunciado que a partir do día seguinte, isto é, do 1 de decembro, dita política de incentivos aos camións para a utilización das autoestradas será eliminada.N-630/AP-6: treito León-Campomanes.

FENADISMER xa ten solicitado formalmente á Ministra de Fomento a prórroga temporal de dito Plan durante o mes de decembro, por considerar positivo a política de incentivos á promoción do uso das autoestradas de peaxe por parte dos transportistas.

Dita prórroga manteríase vixente para dar continuidade ao Plan ata a aprobación do novo Plan de descontos previsto para 2016, e que xa aparece recollido na Lei Xeral de Orzamentos, que recolle destinar 5 millóns de euros para fomentar o desvío de vehículos pesados e outros 5 millóns de euros para bonificacións pola utilización das autoestradas de peaxe en horas val. O novo Plan estímase que vaia ser consensuado coas organizacións do sector para introducir melloras ao actual a fin de que poida resultar máis efectivo.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.