Ínfima baixada das peaxes en 2016

4 de Xaneiro de 2016

O prezo medio das peaxes das autoestradas de pagamento dependentes do Estado diminuiu un 0,6% desde o día 1 de xaneiro de 2016. Curiosamente, a AP-53 entre Santiago e Lalín é a que menos diminúe, só un 0,1%, malia ser unha das máis caras de todo o Estado. No que atinxe ás autoestradas de titularidade autonómica, a Xunta conxela en 2016 o custo das peaxes da AG-55 e AG-57.

O prezo medio das peaxes da rede de autoestradas dependentes da Administración Xeral do Estado baixa un 0,6% en 2016, o que supón o seu primeiro descenso en alomenos os últimos quince anos, segundo vén de informar o Ministerio de Fomento.

Curiosamente, a AP-53, que une Santiago de Compostela co Alto de santo Domingo (Lalín), será a que teña o menor descenso en toda España (-0,1%), malia ser un dos treitos máis caros de todo o Estado. Fronte a isto, subliñar a caída do 0,64% que experimentan as peaxes da AP-2 Zaragoza-Mediterráneo e dos treitos da AP-7 entre Montmeló e La Jonquera e entre Barcelona e Tarragona.

en troques, desta redución media exclúense tres das autoestradas radiais de Madrid; en concreto a R-3 Madrid-Arganda, a R-5 Madrid-Navalcarnero e a R-4 Madrid-Ocaña, onde as peaxes suben un 1,34%, e a autoestrada Cartagena-Vera, onde se elevarán un 0,39%. Estas subas derivan das primeiras medidas de axuda que se adoptaron a finais de 2010 para estas autoestradas, que actualmente forman parte das oito que están en concurso de acredores.

Cómpre precisar que o prezo das peaxes para 2016 é freito de aplicar a fórmula de actualización automática anual que o sector das autoestradas pactou co Goberno en 2002. En concreto, trátase dunha fórmula que ten en conta o IPC medio entre os meses de outubro dun ano e do seguinte e a evolución dos tráficos entre as súas principais variables.

Autoestradas de titularidade autonómica AG-55 e AG-57

A Xunta de Galicia decidiu conxelar en 2016 as peaxes nas autoestradas autonómicas: a AG-55 entre A Coruña e Carballo) e mais a AG-57 do Val Miñor, incluíndo ademais reducións de ata o 3% nalgúns treitos. Así o informa o Goberno galego nun comunicando, manifestando que «por terceiro ano consecutivo» as peaxes de autoestradas autonómicas non subirán de prezo, polo que a AG-55 e a AG-57 «seguirán estando entre as autoestradas de peaxe máis baratas de España».

En concreto, no que respecta aos vehículos pesados, na AG-55 hai descontos de cinco céntimos para tipo I no treito Arteixo-Carballo, así como en tipo II en Arteixo-Paiosaco, Paiosaco-Carballo e Laracha-Carballo). Na AG-57 hai descontos de cinco céntimos en tipo I nos treitos A Ramallosa-Baiona, Vincios-Nigrán e Vincios-Baiona; e para tipo II en Vigo-Gondomar, Vincios-A Ramallosa e Vincios-Baiona.

O Consello da Xunta do pasado 12 de novembro o Goberno galego aprobou un crédito de 2,3 millóns de euros para prolongar durante catro anos mais as bonificacións introducidas en 2010 nestas autoestradas. Así, o Goberno galego pagará 520.000 euros en 2016; 570.000 euros, en 2017; 610.000 euros, en 2018; e 660.000 euros, en 2019.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.