A nova peaxe belga aplicarase a partir do 1 de abril

1 de Marzo de 2016

O próximo 1 de abril Bélxica porá en marcha simultaneamente nas 3 rexións que a conforman (Flandes, Valonia e Bruxelas capital) o novo sistema de pagamento polo uso das súas infraestruturas (Euroviñeta) que será de aplicación a todos os camións de máis de 3,5 toneladas de masa máxima autorizada, tanto nacionais coma estranxeiros, que transiten polas súas estradas.

Para facer efectivo o pagamento, previamente o transportista deberá instalar a bordo do seu vehículo o dispositivo de control OBU (On-Board Unit) que mediante navegación satélite rexistra a súa circulación pola rede belga de estradas.

Os aspectox xerais deste novo sistema de peaxe son os seguintes:

  1. O dispositivo OBU indicará os km recorridos por un vehículo nas vías belgas.
  2. Por cada dispositivo OBU é preciso realizar un depósito de 135 €.
  3. Aplicarase en todas as autoestradas e vías maiores de Bélxica que cubran máis de 6.800 km.
  4. Os dispositivos OBU pódense obter de dous xeitos: a través da web “Satellic Road User Portal” (RUP) en https://www.satellic.be/en-UK/downloads/vehicle-papers, ou ben nos puntos de servizo en Bélxica.
  5. O depósito será reintegrado unha vez devolto o dispositivo en bo estado.
  6. O envío do dispositivo farao a administración belga a través do sistema postal.

Para o pagamento da peaxe, poderase optar entre:

  • Pre-pagamento: efectivo, tarxeta fuel, tarxeta de crédito e transferencia bancaria. O importe será axustado automaticamente dependendo da tarifa aplicada nas vías recorridas.
  • Pos-pagamento: tarxeta fuel e tarxeta de crédito. Pode circular libremente e liquidar posteriormente o importe reflexado no seu estado de conta.

As tarifas a aplicar en cada caso estableceranse seguindo os seguintes criterios: peso do vehículo, clase de emisión, tipo de vía e quilometraxe recorrida.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.