Nova Garantía Plus Michelin X® MULTI™ T

29 de Febreiro de 2016

Para circular con total tranquilidade con neumáticos novos ou recauchutados

Michelin, como un exemplo máis do seu compromiso cos transportistas, lanza a súa nova Garantía PLUS, que cubre os danos accidentais e fortuitos que poidan acontecer durante a utilización da súa gama de neumáticos para eixos de semirremolque MICHELIN X® MULTI™ T. Con esta garantía, Michelin garante o nivel de prestacións e demostra a calidade e fiabilidade dos seus neumáticos novos e renovados Michelin Remix.

O transporte en utilización polivalente é moi esixente pola grande diversidade das condicións de uso (estrada, camiños, zonas de carga e descarga, etc.). Por iso, as empresas do sector queren equipar os seus vehículos con neumáticos que sexan seguros, resistentes e duradoiros. Desde o 1 de xaneiro de 2016 Michelin engade aos seus neumáticos polivalentes para semirremolque unha garantía que se aplica aos equipamentos de orixe e de reemprazo, na súa versión novo ou renovado Michelin Remix, comprados en España, Portugal e Andorra.

A Garantía PLUS MICHELIN X® MULTI™ T, totalmente gratuíta, aplícase aos neumáticos de utilización polivalente que equipan de orixe os semirremolques novos e aos neumáticos mercados no mercado de reemprazo.

É moi doado de subscribir e activar, xa que se realiza on line con facilidade e rapidez en so tres clics a través do portal MyAccount, accesible desde a web www.camion.michelin.es. Deste xeito, os transportistas poderán aproveitar as prestacións dos neumáticos MICHELIN X® MULTI™ T e circular con total tranquilidade.

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*