Os descontos de Fomento nas peaxes desvían 200.000 camións

27 de Febreiro de 2016

O Ministerio de Fomento informa ao sector dos resultados do Plan de descontos a camións nas autoestradas de peaxe que se puxo en marcha en 2015. A Lei de Orzamentos de 2016 contempla unha dotación de 10 millóns de euros para novas bonificacións para este ano.

Como é ben coñecido, o pasado mes de xullo púxose en marcha o Plan de descontos a camións pola utilización de determinadas autoestradas de peaxe paralelas a estradas convencionais, mediante a bonificación de entre un 30% e un 50% do importe da peaxe, en función do treito da autoestrada a percorrer. O Plan, promovido polo Ministerio de Fomento e dotado cunha partida orzamentaria inicial de 7,5 millóns de euros, estableceuse inicialmente con carácter experimental sobre 6 treitos de estradas, e entrou en vigor no mes de xullo, finalizando o pasado 30 de novembro.

Despois de ter sido solicitado polas organizacións do sector, a Secretaría de Estado de Infraestruturas vén de informar dos resultados da aplicación de dito Plan no ano 2015, que quedan do seguinte xeito:

Da análise dos datos, vese que o Plan de Fomento tivo como resultado o desvío adicional de 222.703 camións ás 6 autoestradas incluídas, ao acumular un tráfico total de de 1.261.941 camións pesados no período de aplicación do Plan, isto é, desde o 7 de xullo ata o 30 de novembro de 2015, fronte aos 1.039.238 vehículos pesados que circularon por ditas autoestradas en idéntico período no ano 2014, o que significa un incremento total medio superior ao 21%.

Ante estes datos, FENADISMER vén de valorar moi positivamente manter a política de incentivos á promoción do uso das estradas de peaxe por parte dos transportistas, e insta ao Goberno en funcións a por en marcha con carácter inmediato un novo Plan de descontos a camións ao abeiro da nova dotación de ata 10 millóns de euros para novas bonificacións que contempla a vixente Lei de Orzamentos, sen ter que agardar á formación do novo Goberno, polas indubidables vantaxes para a desconxestión das estradas convencionais e a mellora da seguridade viaria que ditos Plans comportan.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.