Transportistas belgas mobilízanse contra as novas peaxes

6 de Abril de 2016

Varias asociacións belgas de transporte reaccionaron en contra da caótica implantación por parte do seu Goberno da nova taxa quilométrica para vehículos de máis de 3.500 kg de MMA, poñendo en marcha medidas de forza que están afectando gravemente ao tránsito rodado de camións, particularmente nas zonas fronteirizas e arredor da capital, o cal obviamente está afectando de xeito importante aos transportes que se realizan con orixe, destino ou tránsito por ese país e por tanto esixe extremar a prudencia a todos aqueles que teñan previsto circular os próximos días polas estradas belgas.

De feito, entre as medidas de forza desenvolvidas xa se poden citar varias marchas lentas de camións pola rede de estradas e bloqueos das principais autoestradas, entre outras, a autoestrada A4 que une Bruxelas con Luxemburgo e a N5 entre Bruxelas e Charleroi, así como os pasos fronteirizos que unen Holanda e Francia con Bélxica e os accesos aos polígonos industriais de Villers-Le-Bonillet, Herstal (Liexa), Courcelles (Hainant) e Torunai-Ouest.

Polo momento, descoñécese o tempo que van durar estas mobilizacións.

 

 

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*