Os clientes Solred teñen agora acceso gratis a parking seguro

7 de Abril de 2016

Desde o pasado 1 de abril todos os transportistas titulares da tarxeta de servizos SOLRED poden beneficiarse da «REPSOL SECURITY PARKING» de forma totalmente gratuita. Esta promoción é válida ata o 31 de decembro do presente ano coa excepción do parking de La Jonquera.

O transportista terá que abonar o custo do parking coa tarxeta Solred e logo devolveráselle o importe do mesmo na súa factura mensual.

A REPSOL SECURITY PARKING é a rede de áreas de estacionamento integradas en Áreas de Servizo Repsol con xestión de reservas gratuitas para camións onde os profesionais do transporte poden gozar das máximas garantías en seguridade e comodidade. Cumprindo os máis esixentes parámetros de seguridade, están deseñadas coas máis avanzadas tecnoloxías para o control dos camións estacionados: circuito pechado de videocámaras, rexistro de saídas e entradas, vixilancia 24 horas, protocolos de actuación en caso de intentos de roubo, etc.

A reserva de prazas faise directamente na web www.securityparking.repsol.com.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.