O CNTC entende precipitada a implantación dos megacamións

5 de Maio de 2016

O Comité Nacional de Transporte por Carretera (CNTC) vén de facer público un duro comunicado no que acusa á Dirección Xeral de Tráfico de térense posto en circulación estes novos conxuntos “de xeito precipitado e sen a prudencia que tivera sido necesaria”.

Así, desde o CNTC apúntanse que a introdución dos megacamións en Holanda non serve como excusa para xustificar como se fixeron as cousas desde o punto de vista normativo , “pois nin a súa orografía é idéntica nin, desde logo, se aplicou o mesmo procedemento”.

Sen menoscabo do anterior, no máximo organismo de representación do sector do transporte recoñecen que se informou favorablemente no seu día á introdcción destes conxuntos de configuración euromodular na nosa rede viaria, mais circunscrita a uns requisitos estritos, e que ademais o seu posicionamento apuntaba a que a medida “debera restrinxirse a unha mera proba piloto en itinerarios concretos, limitada a un pequeno número de vehículos perfectamente identificados, e nun número concreto de viaxes”.

Sen embargo, unha vez analizada polo miúod a Instrución Técnica elaborada pola DGT, a contundente conclusión do CNTC é que a súa opinión foi desbotada “na súa totalidade” especialmente no que atinxe aos requerimentos de seguridade: carga por eixo, radios de xiro, velocidade e condicións do condutor.

Pero, ademais, critícase abertamente o feito de que a Administración tivera empregado “unha téchnica normativa deficiente vulnerando de xeito manifiesto a xerarquía normativa e, introducindo grande inseguridade no emprego destes megacamións. Cuestións coma o informe técnico preceptivo xeran moitos interrogantes, así como o réxime aplicable en comunidades como Catalunya e Euskadi que se descoñece”, conclúen afirmando desde 0 Comité.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.