Tráfico permitirá simulacións de autorizacións para os megacamións

18 de Maio de 2016

O pasado 23 de decembro de 2015 publicouse no BOE a Orde PRE/2788/2015, de 18 de decembro, pola que se modificou o Regulamento Xeral de Vehículos, aprobándose a circulación por territorio español dos novos conxuntos de vehículos de transporte en configuración euromodular, isto é, os denominados megacamións. Ademais, para dita circulación establecíase como requisito previo aos transportistas a solicitude dunha Autorización Especial de Circulación ante a Administración competente en Tráfico. Posteriormente, a Dirección General de Tráfico aprobou definitivamente o 12 de abril de 2016 a Instrución Técnica reguladora do procedemento de obtención das autorizacións especiais necesarias para a circulación de ditos megacamións.

De conformidade co reparto actual de competencias en materia de tráfico, será necesario solicitar simultaneamente ata 3 autorizacións de circulación en función do percorrido a realizar: unha ante a DGT para o territorio común, máis as correspondentes á Dirección de Transit de Catalunya e á Dirección de Tráfico de Euskadi no caso de que o traxecto a realizar discorra total ou parcialmente por ditas Comunidades Autónomas. Perén, a data de hoxe só a DGT publicou a Instrución Técnica que regula o procedemento e requisitos de obtención das autorizacións especiais de circulación, estando previsto que Transit de Cataluña e Tráfico de Euskadi aproben as súas correspondentes Instrucións Técnicas antes de que remate o presente mes de maio.

Con toda probabilidade, ditas Instrucións incluirán algunhas modificacións a respecto da aprobada pola DGT, de feito xa podemos adiantar que:

  • No caso da Instrución Técnica catalá, esixirase que o megacamión vaia provisto de cámaras de visualización laterais e traseiras. Ademais esixirase achegar, xunto á solicitude, un certificado de conformidade do vehículo asinado por un técnico competente. Unha vez concedida a autorización, o transportista estará na obriga de comunicar de xeito anticipado cada viaxe a realizar, a efectos de control.
  • No caso da Instrución Técnica vasca, establecerase a posibilidade de restrición de circulación dos megacamións en determinados treitos horarios. Así mesmo unha vez concedida a autorización, o transportista estará na obriga de comunicar de xeito anticipado cada viaxe a realizar, a efectos de control.

Ante esta situación, dado o investimento económico que supón a adquisición deste tipo de vehículos, faise necesario para o transportista poder coñecer previamente que o servizo que vaia a realizar vai ser autorizado en función do itinerario polo que vai discorrer, tendo en conta que cada titular da vía debe informar favorablemente. Por isto, as 3 administracións competentes na materia (DGT, Transit de Cataluña e Tráfico de Euskadi) comprometéronse a establecer un sistema que permita ao transportista solicitar autorizacións en modo simulación, para deste xeito coñecer previamente con seguridade a compatibilidade do megacamión co percorrido que se vai realizar.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.