Prazo aberto instancias para a 2ª convocatoria de capacitación

1 de Agosto de 2016

Hoxe luns 1 de agosto abriuse o prazo para a tramitación de instancias administrativas que dan dereito a tomar parte na segunda convocatoria de 2016 das probas conducentes á obtención do título de capacitación profesional como xestor de transporte (o que tradicionalmente se define como título de transportista), que moi probablemente se celebrarán no mes de outubro, xa que a data definitiva está aínda sen publicar.

Os interesados en presentarse a estas probas teñen de prazo ata o venres 19 de agosto para tramitar as referidas instancias.

Por outra banda, aqueles que desexen chegar ás probas coa mellor preparación posible, teñen á súa disposición os cursos prereparatorios que organiza a Asociación de Transportistas APETAMCOR nas súas 4 sedes: Ourense, Santiago, Lugo e O Porriño (ollar toda a información facendo click aquí).

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.