Fenadismer solicita o plan de descontos de peaxes a camións

13 de Setembro de 2016

Fenadismer pide ao Ministerio de Fomento que se aplique á maior brevidade o Plan anual de descontos a camións nas autoestradas de peaxe que se puxo en marcha por primeira vez en 2015, xa que como é sabido a Lei de Orzamentos de 2016 recollía para este ano unha partida específica de 10 millóns de euros para novas bonificacións nas peaxes para vehículos pesados, e aínda no foi posta en vigor.

En xullo do pasado ano púxose en marcha o Plan voluntario de descontos a camións pola utilización de determinadas autoestradas de peaxes paralelas a estradas convencionais, mediante a bonificación de entre un 30% e un 50% do importe da peaxe, en función do treito da autoestrada a recorrer. Ese Plan de descontos, promovido polo Ministerio de Fomento, foi dotado o pasado ano 2015 cunha partida orzamentaria de 7,5 millóns de euros, e aplicouse con carácter experimental sobre 6 treitos de autoestradas paralelas a carreteras convencionais, obtendo como resultado o desvío adicional de máis de 222.000 camións ás autoestradas incluídas no Plan durante os 5 meses de vixencia do mesmo.

Neste sentido, o Goberno introduciu na Lei de Orzamentos para este ano 2016 unha dotación de ata 10 millóns de euros para novas bonificacións a aplicar ao longo deste ano, que lamentablemente a día de hoxe, a menos de 4 meses de que remate o ano, non se teñen posto aínda en vigor, malia o anuncio formal do Secretario Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento o pasado mes de maio de que o Ministerio estaba analizando “a súa implantación en 2016” prevendo “a súa extensión a outros treitos de autoestradas”.

Neste contexto, FENADISMER  vén de reiterar ao Ministerio de Fomento a necesidade de aplicar á maior brevidade dita partida orzamentaria e, en consecuencia, manter a política de incentivos á promoción do uso das autoestradas de peaxe por parte dos transportistas, polas indubidables vantaxes que ditos plans comportan para a desconxestión das estradas convencionais e a mejora da seguridade viaria.

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.