Bélxica detén ilegalmente camións pola peaxe

18 de Outubro de 2016

Como se informou no seu día, o pasado 1 de abril púxose en marcha a nova peaxe para camións de máis de 3,5 toneladas nas estradas belgas.

Desde a posta en marcha de dita peaxe vénse denunciando o elevado número de incidencias técnicas tanto nos aparellos de control OBU que os transportistas deben levar instalados a bordo dos seus camións como na xestión e cobro da taxa quilométrica establecida, téndose detectado múltiples anomalías e erros na facturación realizada.

Sen embargo, lonxe de minimizar os problemas ocasionados aos case 2.000 transportistas, tanto belgas como do resto da Unión Europea, que diariamente circulan polas súas estradas, as autoridades belgas teñen iniciado unha “caza ilegal” de camións procedendo á súa detención en ruta, en base a unha “presunta” falta de pagamento de peaxes anteriores, malia que aos transportistas titulares de ditos vehículos non se lles notificou previamente a existencia dese presunto non pagamento ou, o que é aínda máis preocupante, as empresas xestoras do novo sistema de peaxe corroboraron a inexistencia desa suposta falta de pagamento.

Segundo a información facilitada polos servizos xurídicos da asociación belga de transportistas UPTR, a lexislación de dito país esixe previamente á posible detención dun vehículo en estrada que a Administración Tributaria dite un título executivo por falta de pagamento das peaxes, que debe ser notificado ao transportista para poder alegar o que proceda. Por isto, a actuación que están a levar a cabo os axentes de control xa foi considerada como de “abuso de poder” por vulneración da legalidade vixente, o que obrigou a liberar os camións retidos. Neste sentido, os Tribunais de Xustiza belgas acaban de fallar en contra de ditas actuacións, por consideralas arbitrarias e desproporcionadas.

Actuacións realizadas desde Fenadismer

Así mesmo, cómpre subliñar que a federación FENADISMER xa se manifestou publicamente ante esta situación, cualificando como inxusto o réxime sancionador establecido en relación ao novo sistema belga de peaxes, que só prevé unha única contía de 1.000 euros de multa, calquera que sexa a infracción cometida, sen distinguir se se trata dun simple error administrativo ou informático ou se pola contra se trata dunha actuación intencionada.

 

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*