A Deputación de Gipúzkoa aproba a súa viñeta para 2017

26 de Decembro de 2016

O pasado 13 de decembro a Deputación Foral de Gipúzkoa aprobou cos votos favorables de PNV, PSE-PSOE e PP e a abstención do resto de grupos (Podemos e EH Bildu) a peaxe en determinados treitos da A15 e a N-I nese territorio, ao que estarán suxeitos todos os vehículos a motor e conxuntos de vehículos destinados exclusivamente ao transporte de mercadorías cunha MMA superior a 3,5 Toneladas.

As peaxes entrarán en vigor nunha data aínda indeterminada en espera de que se axusten os importes, pero non será finalmente o 1 de xaneiro de 2017, como se viña anunciando por parte desa Deputación Foral.

Os treitos afectados por esta nova viñeta son os seguintes:

  • Autoestrada A-15 Navarra-Gipúzkoa, entre o enlace de Bazkardo en Andoain (p.k. 158,930) e o seu final no enlace coa AP-8 e Gi-41 en Astigarraga (p.k. 169,320).
  • Estrada N-I Madrid-Irún, entre o enlace sur de Andoain (p.k. 445,500) e o enlace norte de Andoain (p.k. 447,700).
  • Estrada N-I Madrid-Irún, entre o límite con Navarra en Etzegarate (p.k. 405,450) e o enlace sur de Idiazabal (p.k. 412,900).

O pagamento destas peaxes realizarase necesariamente con dispositivos electrónicos de presenza (semellante ao sistema portugués de arcos nas autovías SCUTS), non sendo precisa por tanto a detección dos vehículos.

Os importes das peaxes fixaranse en consonancia cunha norma pendente de desenvolvemento pero non poderán ser superiores ás seguintes contías:

Nota: Os vehículos de 12 ou máis toneladas de MMA inclúense na categoría 2 (última columna).

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*