Convócanse as probas 2017 para Conselleiros de Seguridade

7 de Maio de 2017

O DOG do pasado 28 de abril publicou a Resolución 10 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se procede á convocatoria das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril. O prazo de presentación das solicitudes que dan dereito a tomar parte nestas probas será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta resolución no DOG, é dicir, rematará o luns 29 de maio.

A data das probas será determinada nunha vindeira resolución pola que se fixen os cadros de horarios e a relación definitiva de admitidos e excluídos. En todo caso, terán lugar durante o mes de Novembro do presente ano. No que atinxe á súa estrutura, dicir que constarán de 50 preguntas tipo test e de caso práctico, sendo necesario aprobar ambas partes para superalas.

Os/as interesados/as en realizar a recomendable formación preparatoria para enfrontarse as probas nas mellores condicións, poden contactar con APETAMCOR, que organiza grupos preparatorios nas súas sedes de Ourense, O Porriño, Santiago e Lugo.

En que casos as empresas deberán contar con Conselleiro de Seguridade?

O Real Decreto 1566/2009 establece os casos nos que as empresas deberán contar obrigatoriamente coa figura do Conselleiro de Seguridade:

  1. Empresas que realicen portes con mercadorías perigosas (independentemente do número de viaxes que se realice ao ano).
  2. Empresas que dispoñan de depósito propio de combustible de capacidade superior a 1.000 litros, excepto que a empresa subministradora de combustible asuma a responsabilidade nas operacións de descarga de forma expresa.
  3. Empresas que se provean de materias consideradas como perigosas necesarias para o desenvolvemento da súa actividade (industrias químicas, canteiras, etc.).
  4. Empresas que xestionen residuos catalogados como perigosos (residuos da construción que conteñen amianto, terras contaminadas, etc.).

 

 

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.