Portugal pecha as fronteiras catro días pola visita do Papa

8 de Maio de 2017

O Goberno de Portugal manterá abertos os pasos entre Tui e Valença e entre Verín e Chaves previo control documental.

Portugal pecha as súas fronteiras pola visita do Papa Francisco a Fátima. Os accesos quedarán restrinxidos a partir deste mércores 10 ás 0:00 horas (noite do martes ao mércores) e ata as 0:00 horas do domingo 14 (noite do sábado ao domingo). A medida, que atende a razóns de seguridade e orde público, deixará nove puntos abertos con España, dos que só dous están en Galicia.

Concretamente, permitirase o paso pola ponte internacional entre Tui e Valença e mais entre Verín e Chaves, malia que se estableron controis de documentación en ambos casos.

Quen crucen a fronteira deberán mostrar o seu DNI ou Pasaporte, así como o permiso de circulación e o resto de documentación do vehículo.

 

 

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*