Alemaña tamén prohíbe o descanso semanal en cabina

26 de Maio de 2017

Esta regulación, aplicable a condutores asalariados e autónomos, súmase ás prohibicións xa aprobadas en Franza e Bélxica.

Como se recordará, tanto Franza como posteriormente Bélxica estableceron a finais do ano 2014 unha nova regulación consistente na prohibición de que os condutores profesionais que circulen por ditos Estados da Unión Europea poidan realizar o descanso semanal ordinario a bordo do camión, previndo fortes sancións de ata 30.000 euros en caso de incumprimento.

Dita prohibición aplícase exclusivamente aos descansos semanais normais, isto é, a todos os descansos semanais superiores a 45 horas que os condutores deben tomar obrigatoriamente cada dúas semanas de condución.

Sumándose a dita prohibición, Alemaña acaba de establecer tamén a prohibición no seu territorio de que os condutores, xa sexan autónomos ou asalariados, realicen o descanso semanal ordinario a bordo do camión.

Dita normativa, que entrou en vigor este xoves 25 de maio, prevé sancións económicas en caso de incumprimento tanto á empresa (con multa de 1.500 euros) como o condutor (con multa de 500 euros).

Esta regulación está sendo analizada así mesmo polo Tribunal de Xustiza da UE, con ocasión da sanción imposta polas autoridades belgas a unha empresa transportista cuxo chofer estaba realizando o descanso semanal na cabina, se ben a Avogacía Xeral do Tribunal Europeo xa emitiu o pasado mes de febreiro o seu informe preceptivo confirmando a legalidade de dita regulación e a súa compatibilidade coa normativa europea, ao entender que no que se refire ao descanso semanal o Regulamento comunitario 561/2006 debe “interpretarse en sentido de que un condutor non debe tomar o descanso semanal ordinario dentro do vehículo”, polo cal previsiblemente nos vindeiros meses o Alto Tribunal europeo resolverá no sentido de avalar estas regulacións estatais en Franza, Bélxica e agora Alemaña sobre prohibición do descanso semanal dos condutores a bordo dos vehículos de transporte.

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 1.0/5 (1 voto)
Alemaña tamén prohíbe o descanso semanal en cabina, 1.0 out of 5 based on 1 rating
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.