Novos importes por paralización e danos no transporte

1 de Agosto de 2017

Despois de ter estado conxelado durante 6 anos, na Lei 3/2017 de Orzamentos Xerais do Estado para 2017 actualízase a contía do índice IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), fixándose así o IPREM/día en 17,93 euros desde o 28 de Xuño, data en que entraron en vigor ditos Orzamentos. Este índice, tal como regula a Lei 15/2009 do Contrato do Transporte Terrestre, utilízase como referencia para o cálculo da indemnización por paralización do vehículo así como dos danos en transporte de mercadorías por estrada.

Novas contías para as paralizacións

Por tanto, as contías por paralización do vehículo (aplicables tamén aos sinistros ou avarías dos vehículos de transporte) quedan do seguinte xeito:

  • Durante o 1º día de paralización: 35,86 €/hora de paralización (excluídas as 2 horas iniciais), ata un máximo 358,60 € por ese 1º día.
  • A partir do 2º día: increméntanse as contías nun 25%, resultando un importe de 44,82 €/hora, ata un máximo de 448,25 €/día, respectivamente.
  • A partir do 3º día e sucesivos: increméntanse as paralizacións iniciais nun 50% resultando 53,79 €/hora, ata un máximo de 537,90€/día, respectivamente.

Novo límite de responsabilidade por perda e avaría

Non pactándose outra cantidade, o límite das indemnizacións por perdas e/ou avarías das mercadorías transportadas non poderá exceder de 5,976 euros/kg bruto transportado.

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.