Aberta a inscrición á 2ª convocatoria de xestor de transporte

4 de Agosto de 2017

Desde o luns 31 de Xullo ata o venres 18 de Agosto está aberto o prazo para a tramitación das instancias administrativas que dan dereito a participar na 2ª convocatoria de 2017 das probas convocadas pola Xunta de Galicia para a constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de viaxeiros.

A data definitiva das probas aínda non foi feita pública, pero con toda seguridade será encaixada a finais de Outubro ou principios de Novembro, como así se recolleu na convocatoria de probas de xestor de transporte de 2017 publicada no Diario Oficial de Galicia de data 14 de Marzo de 2017.

Como é habitual, co obxecto de ofrecer aos interesados a mellor preparación para estas probas, a asociación de transportistas APETAMCOR organiza cursos preparatorios en horario de sábados nos seus centros das catro provincias galegas (Ourense, Santiago, Lugo, O Porriño e Pontevedra), estando aínda a matrícula aberta. Os interesados poderán incorporarse aos grupos formativos de inmediato. Para máis información facer click aquí.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.