Fenadismer esixe aplicar a marxe de erro das sancións

26 de Setembro de 2017

A normativa reguladora dos cinemómetros que miden a velocidade establece unha marxe de erro que debe ser descontado da velocidade coa que se sanciona a un condutor. Diferentes sentenzas xudiciais e o Defensor do Pobo teñen instado a Tráfico á súa aplicación.

FENADISMER vén de solicitar formalmente ao Director Xeral de Tráfico para que inste ás súas Xefaturas Provinciais a aplicación da normativa reguladora dos instrumentos destinados a medir a velocidade de circulación dos vehículos en estrada, a cal establece que ditos cinemómetros posúen unha marxe de erro, a cal debe ser descontada da velocidade coa que se pretende sancionar ao condutor infrator.

Esta Federación vén constatando que, a diferenza doutras Administracións locais e autonómicas competentes en materia de tráfico, as Xefaturas Provinciais de Tráfico dependentes da DGT impoñen sancións por exceso de velocidade consignando na proposta sancionadora exactamente a velocidade recollida no cinemómetro e que aparece na imaxe que se remite como proba, sen descontar os quilómetros de marxe de erro establecidos legalmente.

Esta actuación das Xefaturas de Tráfico incide directamente nos transportistas e os seus condutores profesionais, ao impor sancións superiores ás que correspondería e, o que é máis grave, provocando a inxusta perda dos puntos do permiso de conducir que tal infracción acarrea.

En apoio de dita reivindicación, diferentes sentenzas xudiciais teñen condeado á DGT pola non aplicación da citada marxe de erro nos excesos de velocidade. De igual xeito, o Defensor do Pobo ditou o pasado mes de xaneiro unha recomendación dirixida ao Director Xeral de Tráfico instándolle a que revisara de oficio determinados expedientes sancionadores por exceso de velocidade ao non quedar acreditado que na que figuraba no cinemómetro se tivera descontado a marxe de erro prevista  na regulación vixente.

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.