O BOE publica a lei de reformas urxentes para os autónomos

25 de Outubro de 2017

No Boletín Oficial do Estado de hoxe mércores 25 de Outubro publicouse a Lei 6/2017 de Reformas urxentes do traballo autónomo, que recolle unha serie de medidas de impulso e apoio para os autónomos, as cales entrarán en vigor o 1 de Xaneiro de 2018. A continuación relaciónanse as medidas máis destacadas.

 

  • Ampliación da tarifa plana da cota de 50 € ata os 12 meses

Os novos autónomos, ou os que reinicien a súa actividade dous anos despois de térense dado de baixa na Seguridade Social (de só un ano en caso de mulleres que tiveran sido nais por maternidade, adopción ou acollemento), poderán desfrutar da tarifa plana de 50 euros mensuais de cotizacións sociais durante un ano, en lugar dos 6 meses actuais.

A tarifa plana mantense malia que o autónomo contrate a un ou varios asalariados.

 

  • Redución de cotas sociais a partir do 2º ano

Despois de pagar 50 euros mensuais durante un ano, nos 6 meses seguintes o autónomo terá unha redución na cota xeral da Seguridade Social do 50% e dun 30% nos seguintes 6 meses.

No caso de autónomos menores de 30 anos ou mulleres ata 35 anos terán unha bonificación do 30% adicional ás anteriores bonificacións e por un período de ata 3 anos.

 

  • Redución de recargas por impagos de débeda

Redúcense á metade as recargas por retraso nos pagamentos á Seguridade Social, pasando de ser do 10% da débeda no primeiro mes tras ter vencido o prazo. O recargo será do 20% cando as cotas se abonen 2 meses despois de vencido o prazo de ingreso á Seguridade Social.

 

  • Subvencións de cotizacións por contratación de familiares

Os autónomos que contraten de forma indefinida como asalariado a familiares ata o segundo grado (isto é, cónxuxe, fillos, netos, xenros, pais ou avós) terán unha bonificación total (100%) nas cotizacións por continxencias comúns durante un ano, sempre que non reducise emprego nos doce meses anteriores e que os novos contratos laborais dos seus familiares se manteñan alomenos 6 meses.

 

  • Bonificación por altas de familiares colaboradores

No caso da cónxuxe, parella de feito* e familiares ata o segundo grado que queiran traballar como colaboradores do autónomo titular da actividade, poderán darse de alta no Réxime de Autónomos da Seguridade Social, tendo dereito a unha bonificación do 50% da cota durante os primeiros 18 meses e do 25% durante os seguintes 6 meses. Esta bonificación entra en vigor desde o xoves 26 de Outubro de 2017.

No caso de que o familiar xa tivera estado dado de alta como autónomo colaborador nos 5 anos anteriores, non poderá acollerse ás anteriores bonificacións.

* Considerarase parella de feito aquela persoa que acredite a convivencia col autónomo titular durante un período de alomenos 5 anos, acreditado mediante o empadroamento de ambos no mesmo domicilio e a súa inscrición como parella de feito nun rexistro municipal, autonómico ou mediante escritura pública.

 

  • Dedución de IRPF de gastos de luz, teléfono, auga e carburante

Cando domicilio particular do autónomo sexa a sede da súa empresa, poderá deducirse no IRPF o 30% dos gastos da luz, auga e teléfono,

Por outro lado, tamén poderá deducirse o 50% dos gastos por carburante do vehículo empregado na actividade laboral.

 

  • Dedución en IRPF de gastos de comida

Poderá deducirse ata 26,67 euros diarios por gastos en comidas de traballo se se realizan en España, e 48,08 euros no estranxeiro. Ditos gastos deben pagarse por medios electrónicos.

En caso de pernocta fóra de casa por motivos laborais, duplicaranse ambos importes. Entenderase que pernocta fóra de casa se o fai nun domicilio distinto do lugar de traballo habitual e do que constitúa a residencia do perceptor.

 

  • Ampliación das altas e baixas na Seguridade Social

Os autónomos poderán darse de alta e baixa ata tres veces no mesmo ano.

Así mesmo, poderán cambiar ata catro veces no mesmo ano a súa base de cotización en función dos seus ingresos e interese (1 Abril, 1 Xullo, 1 Outubro e 1 Xaneiro).

 

  • Exención da cotización á Seg. Social en maternidade/paternidade

Os autónomos que sexan nais/pais estarán exentos de pagar as cotas á Seguridade Social (bonificación do 100%) durante o período de baixa por maternidade e paternidade, adopción ou acollemento.

 

  • Compatibilidade para a realización de traballos coa pensión de xubilación

A contía da pensión de xubilación co traballo como autónomo será do 50%, agás en caso de que se acredite que o autónomo contrata a un asalariado, en cuxo caso seguirá percibindo o 100% da xubilación.

 

 

VN:F [1.9.8_1114]
Puntuación: 0.0/5 (0 votos)
Compartir
  • Print
  • Facebook
  • del.icio.us
  • Twitter
  • Google Bookmarks

Deixe unha resposta

O seu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Notificarme os novos comentarios por e-mail. Tamén podes suscribirte sen comentar.